Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un bítere para Mato

Santalla, Iago - miércoles, 31 de diciembre de 2025
Meu amigo, imos camiño de dous anos da túa ausencia física e a vida venme confirmar o que xa intuía: a terra de Portomarín acolle os teus ósos pero ti segues en nós e con nós. Con toda a túa xente. Seino porque a miúdo me descubro en situacións que me esixen unha resposta preguntándome: "e aquí que faría Mato?".

Nesta encrucillada, convérteste para min nun bardo: sempre loitando por dinamizar a sociedade e crendo que a cultura e o benestar van unidas. Aí naceu Auxilia e con ela festivais de ledicia e cultura. Naceu o dereito ao ocio, o dereito á educación ou o dereito ao traballo. Tantos dereitos que berran por unha vida digna. Todo pasou polas túas mans e as túas mans saben como facer unha realidade mellor.

Por iso hoxe te homenaxean no Canteiro de Benquerencia: porque no teu amor e na túa rebeldía deixáchesnos un camiño de inclusión que nos aquece en lume de benestar.

Un bítere nas túas mans é un facho na alma para os que sempre te levamos dentro.
Parabéns á organización (ben capitaneada polo meu irmán Manuel Rivero) e longa vida á memoria de Aurora Sampedro.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES