Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Uns vão bem e outros mal

Santalla, Iago - miércoles, 24 de diciembre de 2025
Querendo facer un balance do 2025, a venres 19 de Decembro, lémbrome da sabedoría da miña avoa Florinda que dicía que os anos eran longos e tiñan de todo: bo e malo. Por iso decidín encabezar este artigo co canto certeiro de Fausto.

No terreo internacional a verba é guerra: o xenocidio palestino (coa destrución da terra e o pobo), Ucraína, a incógnita de Venezuela, alén de esquecementos perennes como o Sáhara, África ou Corea do Norte.

En España a verba é corrupción: unha hemorraxia que nos baleira de esperanza roubándonos, tamén, forza e valor para alborexar camiños de porvir.

A pesares de todo o que pesa, fícannos regueiros de ética como o de Pepe Mujica; voces que racharon ventos furibundos ata facelos liberdade como a de Antón Valcarce e escumas de paz que, polo mar de Cangas, escriben versos de Bernardino en cada area. Entre os tres, doe ausencia do pan centeo de Antón que, en son de tambor, repicaba liberdade.

Non todo é malo: o 2025 regaloume o berro de Hovik que, se o sumo ao carro do Manuel, que señardade non se espanta? Ademais, o apagón acendeu luces de conciencia e o Ulla aínda pode seguir sendo.

E o 2026? Pois cara el imos! Coa conciencia limpa camiñando cara o futuro en compás coherente con todos os que se foron. Seguen cantando en nós e por eles alborexará o porvir (quizais nun trobo de mel do Caurel).
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES