Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 23 de diciembre de 2025
Sacrificio paternal

O outro día lin unha entrevista que un periódico deportivo lle fixo ó xogador de Salceda de Caselas, Denis Suárez. Falando do seu periplo deportivo (pasou por varios equipos, incluído o Celta e dous ingleses), salientou, por suposto, o sacrificio dos pais por levalo a adestramentos e marchar con el a todas esas cidades polas que pasou. Mesmo me emocionei cando comentou que os seus pais o pasaran mal en Inglaterra: dunha pequena vila na que só falaban galego a un país descoñecido no que había que usar o inglés e do que non sabían nin dicir ola.
O sacrificio dos pais polos fillos deportivos. Ou calquera outra actividade. Un tema que dá para miles de historias e centos de películas ou libros. No caso de Denis Suárez (hoxe xogador do Alavés) e de todos aqueles que conseguiron un nome en calquera deporte, que chegaron a, máis ou menos, trunfar... bendito sacrificio!
Porén, sabemos todos que tan só conseguen chegar uns poucos, uns privilexiados. Que polo camiño quedan milleiros e milleiros de deportistas dos que non sabemos de tal sacrificio paternal e maternal. E tamén se sacrificaron por eses fillos. Sen recompensa.
Eu mesmo teño dous que se levan un ano e dous meses. Durante un tempo adestraban xuntos. Despois, cando ía cada un polo seu lado, eu víame como marioneta, como monicreque dun lado para o outro. Feliz, si (mentres adestraban, eu gozaba lendo e escribindo), pero había que ir aínda que non apetecese (e había que aparcar). Cando coincidían nos horarios, aquilo xa era máis que andar ás carreiras. E sen recompensa. Pero polos fillos danse cen mil voltas e máis, sen importar que se fale tan só do sacrificio dos escollidos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES