Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 18 de diciembre de 2025
Acusacións

Acusáronme de dicir mentiras. A min!, que nunca digo verdades. Dicía Martín Lutero que unha mentira é como unha bola de neve; canto máis roda, máis grande se volve. Nunca vin nin pisei a neve. A única vez que caeu neve na miña contorna, eu estaba a durmir e, mirade por onde, soñando coa neve. Agora mesmo non sei se vos digo verdade ou mentira.
Acusáronme de racista. A min!, que non podo ver á xente de cor. Eu son da banda dos Hulk, do Grinch, da Máscara, do sapo de Tiana, da ra Gustavo, do marciano Gazú, do toxo verde e das follas dos carballos. Dicía García Lorca verde que te quero verde, verde vento, verdes ramas; o barco sobre a mar e o cabalo na montaña. Nunca vin o mar nin tampouco nadei nel. Sei que existe de oídas.
Acusáronme de falangueiro. A min!, que non sei conxugar nin unha simple frase. Fóra do ola e do adeus, xa non sei que máis dicir. Todo o demais é silencio. Como se me comera a lingua o gato. Nunca vin nin sei moi ben o que é un gato. Ás veces penso que son os hámsteres, pero máis dunha persoa me di que son coma os ratos. Dicía Pablo Neruda que o gato quere ser só gato e todo gato é gato desde bigote ó rabo.
Acusáronme de inepto. A min!, que estou apto para dar e tomar. Que vou e veño. Que estou e deixo de estar. Que ando de aquí para alá. Que abano, que esparexo os pensamentos polo orballo dos tempos. Dicía Platón que o corpo humano é a carruaxe; o eu, o home que a conduce; o pensamento son as rendas e os sentimentos os cabalos. Son o cabalo de batalla de Juan Pardo. Verdade ou mentira?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES