Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (5)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 13 de enero de 2026
Localización xeográfica dos cruceiros e cruces

Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (5)
IV. As cruces misionais do municipio de Becerreá.

Os primeiros esforzos misioneiros, encamiñados á predicación no interior dos pobos e vilas cristiáns remontanse ao seculo XIII coa aparición das ordes mendicantes, sendo os franciscanos os que levaron a cabo tal labor. No obstante, o momento álxido desta tarefa misioneira tivo lugar despois do Concilio de Trento nos territorios do Imperio, en Polonia e Hungría para recobrar para o catolicismo os territorios, que se convertirán ao protestantismo. Posteriormente, dende os século XVII ata a década dos setenta do século pasado tamén foron organizadas actividades misioneiras nos países católicos, realizadas por ordes relixiosas como os xesuitas, os redentoristas, os pasionistas etc. Estes actos relixiosos tiveron unha especial repercusión na España da postguerra, debido ao apoxeo do Nacional-Catolicismo. A súa duración era variable aínda que co paso dos anos toda a práctica litúrxica adoitaba concentrarse en dousou tres días coincidindo cun fin de semana. "La misión supone un intenso fin de semana de sermones, confesiones y comuniones, realizándose normalmente durante el invierno, cuando la gente tiene menos trabajo". Dende a nosa óptica a misión exercía unha función polivalente:

* Unha función relixiosa. Os predicadores, que interviñan na misión, soían falar con demasía da morte, dos perigos do inferno e da necesidade do arrepentimento. De aí o medo e inquietude, que adoitaban producir entre os asistentes, o aprendizaxe dalgúns conceptos doutrinais.

* Unha función integrativa. Os fregueses das comunidades colindantes acudían normalmente precedidos polo seu párroco; por dous fregueses, que portaban a cruz e o pendón parroquial; e outros catro, que levaban nas andas, a imaxe do patrón /a, que presidía coas demais imaxes, cruces e pendóns doutras freguesías os distintos actos da misión.

* Unha función propagandística. Os predicadores, ademaís da mensaxe de renovación espiritual e de atención aos sacramentos, traían a devoción da súa orde, que tentaban transmitir por medio de estampas, gravados, litografías, e mesmo efixies para colocar na igrexa parroquial. Así, os capuchinos traían consigo a devoción a San Antonio; os pasionistas, a Pasión de Cristo; os redentoristas, a devoción a Nosa Sra. do Perpetuo Socorro etc.

* Función festiva. Nos días de celebración da misión non se adoitaba traballar. Polo tanto, a mocidade dunha comunidade tiña a oportunidade de coñecer a mocidade doutras comunidades para relacionarse. Este contacto fora da parroquia só era posible en gran medida nalgunhas feiras, e nas festas de parentes e amigos.
Nos últimos tempos, as misión en Galicia adoitan manter o seu carácter catequético ou penitencial. No obstante, nas ciudades foron substituíndose polos nomeados "exercicios espirituais".

Da misión quedaba como recordó unha cruz de madeira ou de mármore. A de madeira soía colocarse no interior da igrexa mentres que a de mármore adoitaba ponerse na fachada central da igrexa ou nunha das súas paredes laterais. En ámbas as dúas cruces soía figurar a data de celebración da misión, así como a Orde relixiosa, que participara.
No municipio de Becerreá hai oito cruces misionais de madeira: seis, situadas no interior da igrexa parroquial, están adheridas ao muro lateral dereito; pertencen ás parroquias de San Xoán de Agüeira (2), San Martiño de Cruzul, San Adrián de Ousón, Quinta da Cancelada (Santa Baia), e San Pedro de Vilachá. Unha, pertenecente á parroquia de San Román de Armesto, está colocada nunha parede do pórtico da igrexa parroquial. Finalmente, a que é propiedade da parroquia de San Pedro de Tortes, está situada no exterior do muro lateral dereito da igrexa parroquial.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES