Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (4)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 06 de enero de 2026
2. Becerreá, San Xoán de
2.1. Cruceiro do Cemiterio

Coordenadas U.T.M. X.: 650.435 Y.: 4.746.378
Orientación: NE - SW.
Esta manifestación artística, situada no interior do cemiterio, pertence á familia Rosón Pérez. Está composta das seguintes pezas nunha orde ascendente: Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (4)
1ª. Unha plataforma de dous chanzos paralelepípedos e graníticos. No chanzo superior hai dous floreiros con flores artificiais, que ornamentan o monumento.
2ª. Unha base de dúas partes: a inferior, que amosa unha moldura en gola ou cima recta invertida; e a superior, que mostra os bordos superiores redondeados. Esta peza no seu conxunto presenta algúns deterioros.
3ª. Un fuste de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto.
4ª. Un capitel, que tende á unha forma troncopiramidal invertida, e que amosa a nivel decorativo dous niveis. O superior, formado por volutas e cunchas nas catro caras; estas ocupan o espazo situado entre as volutas. O inferior, amosa follas de acanto. A parte inferior do capitel presenta un bocel.
5ª. Unha cruz, de sección cuadrangular, que amosa nos extremos dos brazos unha decoración serrada, que imita á existente nalgunhas portadas góticas.
O anverso mostra unha efixie cristolóxica -deteriorada no seu conxunto- que presenta os seguintes trazos: a cabeza está inclinada ao lado dereito; os seus brazos maniféstanse extendidos ao longo da cruz e as súas mans están abertas; as pernas, lixeiramente flexionadas, presentan o pé dereito sobre o esquerdo. A ambos dous lados do Cristo hai dúas figuras de anxos, colocadas nas partes laterais da cruz; estas, ademaís do seu relevante tamaño amosan as súas ás e cabelos moi resaltados.
O reverso amosa unha efixie mariana da Piedade coa imaxe de Cristo no seu regazo logo de ser baixado da cruz. Este mostra unha relevante inclinación, pendurando a súa man dereita ata tocar a perna do mesmo lado. Este Cristo lémbranos a algúns, que adoitaba utilizar o canteiro Manuel Seoane da dinastía dos Carboeira de Román (Vilalba). Baixo a Piedade está colocada a imaxe dun anxo coas súas ás.
Ao carón do cruceiro hai unha tumba, que amosa a seguinte inscrición: FAMILIA /ROSÓN PÉREZ /. Está decorada con algúns ramos de flores. Nos flancos do cruceiro e da tumba hai sete corpos graníticos, que mostran formas paralepípedas e molduras cóncavas e convexas. Teñen unha dobre función: por unha banda serven para delimitar o espazo privado tanto da tumba como do cruceiro; por outra, teñen unha función ornamental.

4. Tortes, San Pedro de
4.1. cruceiro de Eixibrón.

Coordenadas U.T.M. X= 648.632 Y=4.743.869
Orientación. SW - NE.
Está situado preto da igrexa parroquial de Tortes e ao carón da estrada local, que conduce á igrexa ("o camiño da igrexa"). Esta expresión artística consta dos seguintes elementos nunha orde ascendente: Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (4)
Unha base monolítica, granítica, composta nunha orde descendente de catro tramos: o primeiro, paralelepípedo reforzado por unha estrutura metálica; séguelle un tramo de molduración cóncava-convexa, a xeito de "gola"; finalmente dúas superficies paralelepípedas de carácter irregular unidas por unha pequena moldura cóncava; ámbas as dúas superficies amosan nalgunhas das súas arestas certa tendencia a convexidade propia da súa irregularidade.
Un fuste monolítico, de sección cuadrangular, na parte inferior con relevantes acanaladuras cuadrangulares nas catro caras; o resto do fuste amosa unha sección oitavada. Logo, hai unha moldura anular, chamada colariño, que separa o fuste do capitel.
O capitel de estrutura troncopiramidal invertida mostra unha influencia corintia reflectida na ornamentación, que presenta a base de volutas e follas de acanto. A parte superior amosa unha pequena moldura sinuosa cimacio.
Como remate, unha cruz latina de sección cuadrangular nos extremos e de sección oitavada no resto con algún acanalamentos; os extremos dos brazos son propio dunha cruz florenzada. No anverso, baixo unha cartela coa inscrición INRI, hai unha efixie de Cristo, que amosa unha coroa de espiñas na cabeza, que inclina ao lado dereito; as costelas están resaltadas; as mans pechadas; o pano de pureza colocado ao lado dereito; e o pé dereito sobre o esquerdo e ámbolos dous sobre un supedáneo. A efixie mostra un deficiente estado de conservación. No reverso, imaxe da Virxe provista dunha túnica e manto manifestase nunha actitude orante sobre un supedáneo. A cabeza da imaxe mariana desapareceu mais logo apareceu na sancristía, de onde volveu a desaparecer. A este cruceiro aluden Elías Valiña Sampedro e Xabier Moure.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES