Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O idioma universal

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 18 de diciembre de 2025
Hai quen pensa que se todos nos comunicáramos co mesmo idioma, sería maravilloso porque todos nos entenderíamos sen necesidade de intérpretes e sen ter que aprender linguas diferentes.
Pero cóntanse por miles as linguas rexistradas en todo o mundo.
Certo que unhas teñen maior número de falantes que outras; pero todas elas son fermosísimas.
Non hai unhas linguas máis finas nin máis fermosas que outras: a finura e máis a fermosura está na educación das persoas que as usan, non nas linguas.
A tenrura, o cariño e o amor maniféstanse coa mesma intensidade e coa mesma calidez humana en tódalas linguas.
O odio, a xenreira e o mal humor, tamén.
Hai un idioma que non sabe de odio, nin de xenreira, nin de mal humor: é un idioma universal
O IDIOMA UNIVERSAL
Hai unha linguaxe universal que todos entendemos: O IDIOMA DO AMOR.
AMOR UNIVERSAL
Estamos na época máis tenra do ano: O NADAL
Proximamente celebraremos a festa do Nacemento do Fillo de Deus, a festa do Amor feito persoa no Neno Xesús: DEUS CON NÓS.
As diferentes expresións de afecto falan por si soas.
Respíranse aires nadalencos por todas partes
As cidades, as vilas e os fogares: ilumínanse para simbolizar a LUZ que ilumina os corazóns das persoas de boa vontade para que se entendan usando o idioma universal.
UN IDIOMA APTO PARA TÓDOLOS PÚBLICOS
Para usar este idioma non se necesitan estudios nin títulos universitarios, sencillamente basta con abrir de par en par os nosos corazóns para deixar entrar neles a Luz divina que dá vida a todo.
Dinos a lituxia católica que tanto amou Deus ó mundo que lle enviou ó seu propio FILLO para traernos a BOA NOVA, a noticia da nosa salvación.
A celebración do ENMANUEL, DEUS CON NÓS, O AMOR ENCARNADO fai mella en tódolos corazóns tanto no dos crentes como no dos ateos.
Porque o AMOR UNIVERSAL: non fai distincións de ningún tipo.
Ese idoma é, sen lugar a dúbidas, o único que entendemos todos.
DESDE JÚNIORS A SÉNIORS
-OS RECÉN NACIDOS non falan, non teñen palabras para expresárense, pero entenden o idioma do amor incondicional dos proxenitores.
-A INFANCIA, cando se integra na escola, non entende o que alí lle espera; pero o amor do profesorado fai que pouco a pouco vaia entendendo o que se lle pide.
E grazas a ese amor, gazas a ese idioma universal, vaise integrando no tecido social e vai aprendendo o código que terá que usar para abrirse camiño na vida.
-A ADOLESCENCIA, nesta etapa de tantos cambios. non entende moitas cousas; pero o que si entende é o cariño e a comprensión que empregan as persoas para arroupala.
Precisa tanto o AMOR como o aire para respirar.
-A XUVENTUDE xa non o pode gardar para sí e espándeo, abríndose a unha nova etapa na que o idoma universal será o que lle abra as portas para integrarse de cheo na vida social
-NA ETAPA ADULTA: o amor esixe entrega en corpo e alma dentro e fóra do fogar
Cando hai amor no fogarr, a familia funciona
Cando hai amor na empresa, o mundo laboral produce riqueza e benestar.
Cando o vecindario se comunica no idiom do amor, as comunidades son remansos de paz e felicidade.
-NA SENECTUDE dáse o culmen deste idioma.
A ANCIANIDADE representa a sabedoría, a experiencia e o amor máis puros.
Por eso os avós e as avoas son tan queridos/as.
Porque son pais/nais dúas veces.
Saben que o amor fai milagres e gastan as súas vidas amando ata chegar á meta.
DIFÍCIL SI; PERO IMPOSIBLE, NON
Non sei porque me parece que na historia da humanidade dáse unha constante loita por acadar metas máis altas neste bendito idioma; pero vense tantas cousas raras que parece imposible.
PARECE IMPOSIBLE, PERO NON O É.
Moitas persoas, ó logo da historia da humaniade, dannos mostras suficientes de que entenderse amando incondicionalmente é a mellor fórmula para ser felices e facer felices ós demais.
¿PROBAMOS?
Se moitas son as persoas que poñen empeño en vivir amando.
¿Por qué non, nós?
O Nadal é un bo momento para plantexarnos ese obxectivo.
O mundo precisa persoas de boa vontade.
Vostede é unha desas persoas por eso lle desexo moi boas festas.
"¡BOAS FESTAS!"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES