Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A saúde como material especulativo

Rubia, Xoan - miércoles, 17 de diciembre de 2025
Nada novo baixo o Sol. Dende hai tempo funciona un plan deseñado para rematar coa Sanidade Pública. O feito de que agora saíran á luz os fraudes do hospital de Torrejón non quer dicir que denantes disto non houbera escuras manobras empresariais coa saúde como material especulativo, asunto que resulta máis gravoso cando se trata de hospitais públicos xestionados por entidades privadas. Non estou na contra da existencia de hospitais privados, non, nin tampouco en que existan convenios entre estes e a sanidade pública cando esta non dispoña da capacidade suficiente para facer fronte á enorme demanda asistencial á que se ve sometida. A saúde como material especulativo Cando isto é así o público e o privado poden pórse de acordo para que, a través de convenio, o hospital privado asuma a atención dun número determinado de pacientes a cambio dunha dotación económica previamente acordada. Outra cousa é que logo a xestión privada pretenda sacar partido tratando de gañar plusvalía a conta do servizo contratado con diñeiro público. A tentación é moita e están ocorrendo fraudes como reciclar material dun só uso (catéteres, agullas, etc...), cousa que clama ao ceo.

Podo entender que haxa pacientes que vaian á privada porque a saúde é o ben máis prezado que ten o ser humano e cando un atópase mal e chama á porta que tardan en abrir, pois vai na procura de petar noutra que lle la abran máis axiña. Xa hai unha porcentaxe elevada de persoas que usan da asistencia privada a través de mútuas e aseguradoras cando na pública teñen atrancos grandes. Normal. Pero termos a obriga e o dereito de defender a pública. Como? Pois indo na procura de mellorar a dotación dos servizos de Atención Primaria e dos hospitais, que sa faga xestión con luz e taquígrafos e se non se pode chegar á excelencia, que sería unha atención integral sen as demoras existentes, pois entón fáganse convenios con hospitais privados pero cunha xestión e seguimento mirados con lupa para que non haxa desmáns como os que están saíndo á luz. Todo isto sábeo a Administración púbica pero nada ou case nada se fai ao respecto. Poderoso cabaleiro é don diñeiro e diante desa premisa... pois xa sabemos que pasa se non extremamos precaucións: engánannos.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES