Parroquias
1. Agüeira, San Xoán.
1.1. Cruceiro da praza de Horta.
Coordenadas U.T.M.: X= 653.087 Y= 4.744.897
Orientación: NW - SE.
Está situado moi preto da capela do San Bieito, construída no ano 1710 e con culto ata hai uns anos. É de propiedade privada, pertencendo a "Casa grande de Horta". O seu propietario actual é Edmundo Fernández.

Esta manifestación artística está composta de cinco corpos: unha plataforma, unha base, un fuste, un capitel e unha cruz.
A plataforma, granítica, é de estrutura troncopiramidal e consta de tres chanzos superpostos e de diferente extensión.
A base é monolítica e está formada por dous tramos: o inferior, de estrutura cúbica, que mostra nas súas caras acanaladuras cuadrangularese molduradas - a xeito de cuartos cavetos invertidos-; o superior, de estrutura troncopiramidal.
O fuste, monolítico e prismático, e de sección cuadrangular nos extremos e oitavado no resto. A parte superior amosa "un colariño", que é unha moldura anular existente ás veces entre o fuste e o capitel.
O capitel consta de dous tramos: o inferior, formado por unha moldura cóncava - cuarto caveto - decorada con enfeites vexetais e xeométricos; e o superior, formado por un ábaco e un equino.
A cruz, de estrutura latina, amosa unha sección cilíndrica. No anverso e baixo unha cartela, na que se lee a inscrición INRI, amósase unha efixie de Cristo, que presenta os seguintes trazos: con coroa de espiñas; coa cabeza inclinada ao lado esquerdo; cos brazos en forma de V; con longo cabelo; coas costelas resaltadas coas mans pechadas; co perizoma anoado ao lado dereito; coas pernas flexionadas e co pé dereito sobre o esquerdo e ámbos os dous sobre un supedáneo. No reverso, maniféstase a Virxe co neno, ao que sostén coa súa man esquerda; leva unha túnica e un manto, no que se aprecian os seus pregos moi resaltados; apóiase nun supedáneo de sección octogonal.
1.2. Cruceiro do interior do "Pazo da Horta"
Coordenadas U.T.M. X=653.114 Y=4.745.018.
Orientación. NE - SW.
Está situado no interior do "Pazo da Horta", propiedade de Edmundo Fernández. Tanto este cruceiro como o anterior do mesmo propietario foronc onstruídos a comezos do último terzo do século XX, por un obradoiro cercano a Santiago de Compostela e, situado na estrada Santiago-Noia.
Esta expresión artística consta de cinco elementos: unha plataforma, unha base, un fuste, un capitel e unha cruz.
A plataforma, granítica, é de estrutura troncopiramidal e está composta de tres chanzos superpostos e de diferente extensión.

A base é monolítica e está formada por dous tramos: o inferior, de estrutura cúbica, que mostra nas súas caras a canaladuras cuadrangulares e molduradas - a xeito de cuartos cavetos invertidos-; o superior, de estrutura troncopiramidal.
O fuste é monolítico, de sección de supeficie cuadangular na parte inferior - equivalente a unha terceira parte do fuste- con acanaladuras cuadrangulares en cada unha das súas caras, que rematan en dúas molduras cóncavas ("escocias"), unidas entre si por unha liña. A parte media e superior é de sección oitavada coas arestas estriadas. O extremos superior do fuste acaba nun "colariño", moldura anular, que separa o fuste do capitel.
O capitel de estrutura troncopiramidal invertida -con rebaixes nas súas arestas- amosa nos vértices superiores das arestas unhas volutas. En cada unha das caras mostra un rosetón floral, cun motivo diferente no seu interior; así, a cara do anverso, amosa un boi; a súa adxacente pola esquerda, unha aguia; a cara do reverso, un león; e finalmente a súa contigua, un anxo. Polo tanto, trátase dos símbolos dos catro evanxelistas.
Seguindo nunha orde descendente, encontramos en cada cara e por baixo do rosetón floral unha decoración xeométrica triangular invertida con pequenas molduras convexas, que mostra no seu interior enfeites florais.
A cruz, de estrutura latina, amosa acanaladuras en ámboslos dous brazos, que presentan nos seus extremos unha forma de cruz potenzada. No anverso, e baixo unha cartela na que figura INRI, imaxe de Cristo crucificado, que manifesta as seguintes pecualiaridades: cabelos e costelas resaltados; cabeza, case frontal, mais cunha leve inclinación de cara ao lado dereito; cos brazos en forma de V; coas mans pechadas; co perizoma anoado ao lado esquerdo; coas pernas flexionadas; e co pé dereito sobre o esquerdo e ámbos os dous sobre un supedáneo. No reverso, maniféstase a imaxe da Piedade, que sostén con ámbolos dous brazos a imaxe de Cristo no momento do descendemento da cruz; leva unha túnica e un manto, no que se aprecian os seus pregos moi resaltados; apóiase nunha media lúa. A imaxe da Piedade, lembra as Piedade dos "canteiros Carboeira" de Román (Vilalba), pola forma case oval e alongada que amosa o Cristo no regazo da súa nai.