Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (2)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 23 de diciembre de 2025
III. Os Cruceiros do Municipio de Becerreá.
Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (2)
Castelao dicía que detrás de cada cruceiro hai unha historia, que pode ser de desgraza, de ofrecemento, de devoción, de contacto coas ánimas, de enterramento, de penitencia. Mais unha historia que deu orixe a esa obra, que xunto con outras moitas espalladas por toda a xeografía do país, conforma unha das manifestacións máis importantes da nosa arte popular.

Dende unha óptica histórica cómpre facer mención a que, aínda que xa había algúns cruceiros antes do século XVI, porén foi o ambiente relixioso creado a partir da contrarreforma o que posibilitou o seu desenvolvemento.

Así os bispos posteriores ao Concilio de Trento impulsaron e fomentaron o seu desenvolvemento por medio das constitucións sinodais, como as do bispado de Ourense de 1622 e as do bispado de Lugo de 1675.

Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (2) Xa moi entrado o século XX e no actual asistimos a unha perda dos códigos culturais polos que se construían os cruceiros, de tal xeito que as funcións devocional, impetratoria, penitencial, fúnebre... que posuían estas manifestacións da piedade popular vai ser sustituída, as máis das veces, por unha función ornamental; esta vai quedar reflectida na maior vistosidade, que van adquirindo aqueles lugares onde se realizan, como casas de campo, chalés, e determinados espazos de carácter público.

En canto a estrutura do cruceiro, cómpre sinalar unha serie de elementos, que nunha orde ascendente son: o baseamento; a base ou pedestal; o fuste ou varal; o capitel; e a cruz.

Non obstante, estes elementos, aínda que son propios destas expresións artísticas, mostran tamén importantes diferenzas. De aí que poidamos falar dunha grande diversidade no ámbito dos cruceiros galegos.

Neste municipio hai catro cruceiros situados nas parroquias de San Xoán de Agúeira (2), San Xoán de Becerreá e San Pedro de Tortes.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES