Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (1)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 16 de diciembre de 2025
Autores: José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz Besteiro

Artigo publicado por "Lucensia" nº70. Ano 2025. Revista da Biblioteca do Seminario Diocesano de Lugo.


I. Introducción
Neste traballo levamos a cabo unha análise dos catro cruceiros deste municipio, que están situados nas parroquias de San Xoán de Agüeira (2), San Xoán de Becerreá, e San Pedro de Tortes.
Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (1) Ademáis, tamén facemos alusión ás oito cruces misionais, pertencentes ás parroquias de San Xoán de Agüeira (2), San Román de Armesto, San Martiño de Cruzul, San Adrián de Ousón, Santa Baia de Quintá da Cancelada, San Pedro de Tortes, e San Pedro de Vilachá. Estas manifestacións artísticas, de madeira, están colocadas no interior das igrexas parroquiais, agás a de San Román de Armesto, que está emprazada nun pórtico adosado á igrexa; e a de San Pedro de Tortes, que está adherida á parede exterior dereita da igrexa.

II. Trazos xeográficos e históricos do Municipio de Becerreá
Este municipio está situado na parte oriental da provincia de Lugo. Ocupa unha superficie de 172,1 km2 e posúe, segundo o I.G.E. do ano 2024, unha poboación de 2703 habitantes distribuída en 26 parroquias. Limita ao Norte cos municipios de Baleira e Navia de Suarna; aoNw., cos de Baralla e Baleira; ao Ne., co de Navia de Suarna; ao Sur, co municipio das Nogais; ao Sw., cos de Triacastela e Láncara; ao Se., co das Nogais; ao W., co municipio de Baralla; e ao Leste co de Cervantes. Forma parte da comarca dos Ancares que aglutina ademais aos municipios de Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro.
Os eixos de comunicación máis importantes son a Autovía do Nw., ou A-6, A Coruña - Madrid e a estrada N-VI, Madrid - A Coruña, que percorre o municipio, atravesando de Leste a W. Ámbalas dúas dan lle unha importante accesibilidade á capital provincial, Lugo, distante uns 42 km. Nun nivel inferior cómpre distinguir a estrada comarcal C-535, que une Sarria con Becerreá e a estrada local LU-722, que comunica Becerreá con Navia de Suarna e Cervantes.
A nivel xeomorfolóxico podemos sinalar tres unidades de relevo: por unha banda, un grupo de montañas, que sobrepasan os mil metros (Pena do Pico, 1182 metros), situadas no linde occidental; por outra, as fondas depresións erosionadas polo río Navia; finalmente, entre ámbalas dúas xorden elevacións de leve topografía.
A nivel demográfico o trazo máis relevante ao longo do século XX foi o descenso continuado da poboación moi cercano ao 60%. As causas deste descenso continuado
da poboación radican no forte éxodo rural e na emigración, que foron acentuando o proceso do avellantamento demográfico.
Con respecto a actividade económica os dous piares sobre os que xira a economía familiar son a explotación forestal e as explotacións relacionadas con gando bovino mais nunha orientación láctea. A industria está ligada ao sector agropecuario e así queda reflectida nos serradoiros e nas fábricas de pensos. En canto ao sector servizos, a vila de Becerreá conta con diferentes servizos públicos, e constitúe o principal lugar de abastacemento comercial para os habitantes dos concellos da comarca dos Ancares.
A nivel histórico hai fontes que sitúan en Becerreáa o pobo preromano dos Zoelas, que tiña a súa capital na actual Oselle. En época romana pasaba por este municipio a vía, que ía dende Lugo a Astorga, o que lle deu unha gran sona ao ser un relevante centro de comunicación. Desta vía consérvanse na actualidade importantes pegadas. Da etapa medieval é mester facer mención ao mosteiro de Santa María de Penamaior que malia que hai documentos, que mencionan a súa fundación no século XII, porén a visión máis obxectiva xa o data moito antes. No século XIX, cómpre salientar varios feitos: dunha parte, os enfrontamentos acaecidos a principios deste século entre a poboación local e o exército invasor francés; doutra, a formación do concello de Becerreá no ano 1840 por parte da Xunta Provisional de Goberno da provincia de Lugo, acordando outorgarlle a cabeceira do partido xudicial.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES