Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 12 de diciembre de 2025
A existencia

Clasifiquei a existencia en tres puntos, tres fases, tres períodos: nacer, vivir e morrer. Así, moi simple e moi sinxelo. Claro que, cada fase, ten os seus conceptos, o seu aquel. Para nacer hai que facer o que hai que facer. Vivir... ufff, vivir, o esencial é vivir; pero aquí xa se complica moito a materia da existencia. O de morrer é máis fácil: punto final.
O de nacer depende moito dos días, das circunstancias, dos tempos, mesmo das horas. Aínda que todos sabemos que nacer é soamente comezar a morrer.
O de vivir que son dous días é un dicir. Eu levo xa 23.354 días. Que se escriben pronto e se din máis rápido aínda, pero, á hora da verdade, son moitos días de cristo. Días nos que pasa de todo e, en algúns, non pasa nada aínda que se viven igual. Días secos e mollados. Días soleados e con xeadas. Días entretidos e aburridos. Días de risas e bágoas. Días nos que as flores dos toxos brillan e as nubes pingan.
O de morrer... Morrer é lanzar o derradeiro suspiro e rezar ou cantar un requiescat in pace, un responso por un mesmo. Certo, logo de morto non hai responso posible. Morrer é deixar de sentir o tempo, de percorrer os días, de esquecerte das circunstancias e de rematar as horas. Morrer é deixar todo por facer.
Dicía Goethe que a existencia dividida pola razón deixa sempre un resto. Os recordos? Tamén dicía Vladimir Nabokov que a existencia é unha serie de notas a pé de páxina dunha obra mestra vasta, escura e inacabada. Polo de agora, existo e... vivo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES