Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 11 de diciembre de 2025
O desafío

Levan media hora anunciando por megafonía, e por todas as rúas de Baños de Molgas, o desafío Cambiar as Tornas que se realizará á media tarde no parque do Pote, barrio da Estación, entre Tucho Suárez, O Cabestro, e Luciano Ruiz, O Escornabois.
Tal desafío consiste en que, como na realidade o Cabestro é deses personaxes ós que lles custa abrir a boca Pingas de Orballo mesmo para un saúdo ou unha despedida, agora ten que falar ou esbardallar ata que o faga deter o Escornabois ou ata que el queira perder. Pola contra, Luciano, que na realidade é deses laretas que cansan, que chegan a aburrir con tanta parola, agora non pode pronunciar palabra en todo o desafío. En resumo, Tucho ten que falar a esgalla e Luciano non pode dar un chío. A ver quen aguanta máis.
Levamos xa cinco horas de desafío e aí seguen. Tucho dándolle á lingua e Luciano aguantando as acometidas do seu veciño. Por veces nótase a canseira nos xestos e na gorxa do Cabestro, como as ganas de lle responder, de dicir algo o Escornabois. A este váiselle a vida non podendo contestar. Mesmo se lle nota nos ollos ese intre no que está a punto de dicir algo. O Cabestro xa leva máis de tres botellas de auga bebidas para que non se lle seque a boca. É noite pecha e seguen.
O desafío xa vai moito máis alá do que se pensaba. As televisións fixeron acto de presenza e no parque do Pote na xon colle nin unha agulla, nin tan sequera no palleiro que hai cruzando a estrada que vai cara á estación do ferrocarril. Levamos catro días co desafío Cambiar as Tornas e... segue, seguen.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES