Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entón, os vellos... qué somos? (2)

Campo Freire, Xaquín - jueves, 11 de diciembre de 2025
- Si. Está ben. Pero a pregunta segue: Que somos e quen somos os vellos?
- Pois, segundo para quen? Para que? Para cando? Para onde?...


Na vida das persoas en todos os tempos hai algo moi importante a traballar: A ESPERANZA. Non quero caer en: Alicia e o País das marabillas. Pero tampouco no Inferno de Dante, na Comedia. QUERO MANTER A ESPERANZA EN LETRA GRANDE E ESENCIAL.
Quero re-mirar todo. E vou seguir a re-pensarme desde varios miradoiros. Cos ollos moi abertos e sendo tamén crítico positivo. Con mais preguntas que respostas. Pero con esperanza.

SEGUNDO MIRADOIRO: SEMPRE ME CAUTIVARON AS OLLADAS DOS NOSOS POETAS.
Xa dixen que estou nunha Casa de Anciáns. Desde a miña fiestra, con certa distancia, vexo perfectamente en todo tempo o Coto de Ancos, o Castro de Libunca. E tamén diviso a Cruz do Pouso. Incluso vexo o Pico do Monte Caxado e tamén o extremo aéreo da Cheminea das Pontes. Pecho os ollos e escoito no silencio aquela canción xuvenil. "Yo tengo un gozo grande en el alma, en la vida y en mi ser. Aleluya! Gloria a Dios".
Aquí, onde estou, hai horarios e limitacións de movementos. As propias de toda Institución e de toda convivencia. Tamén as familias as teñen.
Pero no mundo, esas eivas e desamparos, son moito máis problemáticas para moita xente que vive en profunda soidade. Eses e esas xa viven nun único horario e con infindas limitacións. O mal xa vén de moi moi antigo. Velaquí unha unha 'foto literaria' de M.Curros Enríquez, (1851-1908). Daquela só os moi ricos tiñan "cámara". Pero eles xa eran "dixitais", describindo:
"Un vello, arrimado nun pau de sanguiño, o monte atravesa de cara ao piñar. Vai canso! Unha pedra topou no camiño e nela sentouse pra folgos tomar. - ¡Ai! –dixo, ¡que triste! ¡que triste eu estou! I on sapo, que oía, repuso: - ¡Cro, cro! Soliños estamos entrambos na terra! Mais nela un buraco tí alcontras i eu non. A ti non te morden os ventos da serra, i a min as entranas i os ósos me rón! Tí, nado nos montes, nos montes esperas, de cote cantando, teu térmeno ver! Eu, nado entre os homes, dormendo entre as feras, eu morte non acho, se quero morrer. - Xa tocan!... Recemos, ¡que dicen que hai Dios!...- El reza. I o sapo cantaba: -¡Cro, cro!" O probe do vello, cos anos cangado, erguéuse da pedra i o pau recadóu; viróu para os ceos o puño pechado, e cara aos touzales rosmando marchóu... Cos ollos, seguíndoo na escura estensión, o sapo quedouse cantando: ¡Cro, cro!
Teño minguas de vista, oído, memoria, paciencia e dependencias. Xustiñas as propias da etapa que estou a transitar. E porén, son certamente un privilexiado. E teño un gozo grande. "Cumpriuse o tempo: O Kairós de Deus". Cómpre clarividencia mentres aínda estamos aleutos. Non valen nostalxias. E non será por falta de avisos: Saber "Vivir en el hoy de Dios. Saber ler los signos de los tempos, de los espazos y de la vida. El Tiempo de los viejos es tiempo de Dios: "Se cumplió el tiempo"... E desde esta 'Cruz do Pouso' tamén vexo e escoito, de primeira man, moitos saloucos, laios e salaios! E póñoles atención! E algo moito de corazón.
Trouxen comigo un gran sabio e o seu libro: El arte de la prudencia: reflexións filosóficas sobre refráns populares. Tampouco daquela había móbiles. (Baltasar Gracián, 1601-1658). Por iso reproduzo outra "foto literaria": "Hay un punto de madurez que es importante conocerlo, discernirlo, y usarlo. Conocer cuando las cosas están en su punto. No esperar nunca a ser un sol que se pone, luego hay poco día.. Es de prudentes dejar las cosas antes de que las cosas te dejen a ti. Saber apartarse. Atención a los finales: Hay que poner más atención en un acertado final que en una aplaudida entrada. Pocas veces la suerte acompaña a los que salen: Es educada con los que llegan; pero es descortés con los que salen. Es el momento de no escuchar cantos de sirena que son siempre engañosos, y sí de seguir a los sabios. Saber retirarse cuando se está ganando".
E aquí estou a vivir, "en vivo", moitos gozos, esperanzas e alegrías.
Que grande e que boa é a xente, as persoas, que aquí nos atenden e nos "acubillan". E, sen excepción, quero poñer e recoñecer, as mans, os bicos, as palabras, a paciencia, e o seu saber salvar tantas situacións que só grandes corazóns e almas nobres con amor van deixando no silencio cotián.
Porque tamén vexo como van rompendo a súa saúde. Porque os moratóns e as eivas musculo-esqueléticas dos riscos laborais esas non se levan á vista, como as medallas. Grazas amigas e amigos!
Nisto si que hai que abrir ben os ollos e falar clariño, como persoas e como colectivo social. Os vellos pasamos a ser non un "servizo social”. Somos "un pingüe negocio".
Non! Non mido a todos por un igual. Falo no tocante ás multinacionais "do negocio". E tamén dos políticos que os acompañan no "negocio dos vellos". Diso e desas si que temos moito que falar todos os cidadáns. Nos xornais saímos a cotío. Sobre todos dos "vellos desamparados", pobres, eivados, loucos, habitantes da rúa e ao pairo, por veces agredidos, por quen dorme tranquío ao quentiño, etc. Deses só sabemos isto:
As estatísticas dannos que un 40% de habitantes "normais" circulamos con problemas psiquicos ou inadaptados, etc. Son culpábeis? De que? Non fago demagoxias. Entremos en Google ou nos xornais locais e nacionais.
Que pasou co Covid 19? Aínda está por aclarar o de Madrid e noutros sitios dos que se falou menos. Tamén na Galiza "asamos castañas!" Houbo demisións caladiñas e encubertas. Xa vén de vello ou de sempre. - Hermano Lobo: Algún día saberemos? -Uuuuuuh!...
Cada vez é mais frecuente ver ou escoitar nos "medios": "Levaba morto na casa tantos meses, anos,... Ninguén se decatou da súa falta.Ou, tal vez: "non quixeron facerse cargo do cadáver!"

- Si. Está ben. A pregunta segue aí : Que somos e quen somos os vellos?
- Pois, segundo para quen? Para que? Para cando? Para onde?...

Pero disto falaremos "algo" na próxima achega desde o Castro celta de Libunca. Alá pola Cruz do Pouso.

Sempe amigos. Xaquín.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES