Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Apoio ós concellos

miércoles, 14 de octubre de 2009
Os problemas económicos da sociedade, de cada membro da sociedade, trasládanse ás administracións á hora de facilitar a estas a necesaria financiación.

Os primeiros en notar a crise, directamente desde os contribuíntes, son os concellos, a primeira administración, o poder local, que se resinte polas baixadas das tasas por licencias de obras, e os retrasos no pago do Imposto de ben inmobles.

Para remediar os problemas económicos dos concellos, que poden chegar a ter dificultades para aboar as nóminas dos seus funcionarios, o Goberno publicou un Real decreto para aliviar os problemas de liquidez, e ata ao momento trinta e catro concellos galegos se teñen acollido a estes adiantos económicos, por un importe de máis de vintecinco millóns de euros.

Son pequenos ou medianos concellos, que non están os grandes nin os máis endebedados, xa que a fin de contas trátase de solucionar problemas inmediatos e non de financiar problemas graves a largo prazo.

É un respiro para os concellos que queren cumprir cos seus compromisos económicos, agardando mellores tempos dunha recuperación que cada vez parece tardar máis.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES