Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha necesidade apremiante

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 11 de diciembre de 2025
O ser humano chega a unha idade na que necesita ter autonomía para defenderse na vida.
En tempos anteriores unha persoa incorporábase á vida laboral moito máis cedo que hoxe en día.
Certo que empregaba menos tempo en prepararse ou compatibilizaba a preparación académica coa vida laboral.
A dureza da mesma vida era moitas veces a mellor escola.
Hoxe en día as cousas van doutra maneira.
NECESIAMOS TEMPO PARA PREPARARNOS
Se imos pola rama da formación profesional: antes dos vinte anos nada.
Se imos pola rama universitaria aínda precisamos máis tempo.
¡Ben empregado sexa o tempo dedicado á preparación!
Pero...
Deste xeito chegamos ós vinte e pico anos en busca dun posto laboral.
Algúns teñen sorte porque xa se quedan na empresa onde fixeron as práticas.
A maioría aínda fan un máster desto, outro daquelo, logo intentan preparar unha oposición...
E con sorte conseguen un emprego que non lles dá para emancipárense.
SAÍR DA CASA COSTA UN TRUNFO
-O soldo non dá para pagar un aluguer.
-Para comprar, a entidade bancaria pídeche unha entrada.
-A maioría das familias van escasos de cartos porque xa dedicaron moito tempo á crianza dos fillos.
FUNDAR UNHA FAMILIA FAISE COSTA ARRIBA
A vivienda, o coche e os elctrodomésticos, todo costa cartos.
Criar un fillo, dous tres... moito máis
As privacións non son prato do agrado da xente de hoxe en día.
A capacidade de sacrificio, tampouco.
Os supermercados non fian.
Os proxenitores nin poden, nin duran toda a vida.
A VIDA PONSE DIFÍCIL
Necesitamos urxentemente un cambio de filosofía de vida.
A nosa xuventude precisa realizarse.
O mundo non vai ben desta maneira.
Hai suficientes recursos.
É cuestión de administralos mellor.
SENTIDIÑO É O QUE SE PRECISA
¿Cómo pode explicare que habendo máis medios económicos que nunca haxa, paradoxicamente, máis necesitados que nunca?
FALLAN OS PRINCIPIOS
Se impera a lei do máis forte a base da pirámide social son os máis febles, os máis vulnerables, os máis desfavorecidos.
E se a base se aplasta porque non pode co peso...
Derrúmbase a torre.
¿Iremos por ese camiño?
¿Onde quedan os principios cristianos sobre os que se construíu a vella Europa?
¿Qué estamos facendo cos principios de máis de dous mil anos de antigüidade?
¿Queremos volver á lei do "ollo por ollo e dente por dente"?
¿En que posto quedan o amor, a fraternidade, a xusticia, a caridade?
SEN FRATERNIDADE NON HAI FELICIDADE
Estamos creando un mundo de descoñecidos:
-Xa os membros dunha mesma casa case non teñen tempo para verse.
-Xa os veciños non se saúdan nin se interesan uns polos outros.
-Xa a soidade indesexada fai mella na saúde mental das persoas.
-Xa os anciáns teñen que abandoar as súas propias casas cando máis as necesitan.
-Xa os enfermos nin teñen praza nos centros hospitalarios.
-Xa a segridade cidadá brila pola súa ausencia.
-Xa as autoridades (pais, mestres, sacerdotes, médicos, etc) non teñen autoridade.
-Xa o mesmo Deus desapareceu de moitas vidas.
¿ESTAREMOS CONSTRUINDO OUTRA TORRE DE BEBEL?
Ogallá que non, porque todos sabemos o que pasou coa primeira Basta un só dioma para entendérmonos e vivir en paz.
"O IDIOMA UNIVERSAL".
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES