Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dicir NON ou a rebelión dos pais

martes, 13 de octubre de 2009
O fácil é dicir SI. O SI é amigo íntimo do poder. Nese colchón afirmativo a maioría síntese cómoda. O SI é si señor, o que vostede mande. O SI é positivo, suma e o seu signo é máis. O NON é negativo, resta e o seu signo é menos. O NON é resposta de minorías, é territorio de rebeldía. Ata o anxo caído cando ousou enfrontarse a Deus berrou: ¡Non serviam!

Pasamos a maior parte da vida asentindo, dicindo SI, inclinando a testa. E seguramente é bo facelo así. Pero non sempre. Só nos afastados días da infancia, só nos momentos máis turbulentos da adolescencia aparece o NON, acompañado por unha notable carga de irracionalidade ou de hormonas.

Por iso é bo reivindicar a vertente educativa do NON, desta volta en boca dos pais. A diferencia dos comerciantes, que deben adular o gusto do cliente, os pais son educadores e a miúdo deben contradicir o gusto do seu pequeno 'cliente'. Dicindo NON.
Que cadaquén se mire no espello dos propios fillos e dos fillos da nosa sociedade. A cada unha das súas pretensións, dos seus caprichos e esixencias, dos seus desexos e antollos respondemos sempre SI. As nosas victorias parciais dicindo NON acaban rematando nunha derrota en toda regra ante o acoso implacable dos fillos: Cómprame un...! SI. Quero que...! SI. Dáme agora mesmo...! SI. Quero que me leves...! SI. Quero que me contes... que me des... que me saques... que me durmas... que me, mi, me, comigo, para min...! SI. Nunha transmutación aberrante, as figuras dos pais transfórmanse en serventes, criadas, taxistas, cociñeiras, caixeiros automáticos dos fillos.

"Non fagas ruído!" bisba a muller angustiada ó home: son as catro da tarde e o rei da casa deitouse ás tantas e está durmindo. "Que queres que che poña de comida?" pregunta a nai a unha especie de ameba derrubada no sofá diante do televisor. A neniña, maior de idade, oprime compulsivamente o mando a distancia sen interese ningún por ningún programa e sen percatarse desa sombra molesta con forma de nai. "Veña, neniña, tes que comer algo" insiste a sombra. E a princesa somnolenta volve a cabeza, mira con cara de noxo e di "Ai mamá, que pesadiña es... Prepárame un..."
Meu rei, miña xoia, rodeados dunha corte de lacaios, lambecús ó seu servicio para acabar convertendo ós fillos en consumidores compulsivos, en xelatina desmotivada, bobos que se non coñecen límites é porque nunca os tiveron e porque ninguén lles obrigou xamais a transitar polo sendeiro estreito pero socialmente imprescindible das normas. Velaquí a conquista de tantos pais maltratados: fillos sen capacidade de sufrimento que non aceptan porque non o coñecen o sacrificio que implica o feito de vivir, de consegui-las cousas, de comprar os bens que consumimos. "Quero todo e quéroo xa!". Si, claro que si, por suposto que si, que si, muller, que si. Si, si, non te preocupes. Que si, home que si, ti non te preocupes de nada que xa me encargo eu de todo. Si, si, si. Mil veces si.

Cómpre, pois, reivindicar a rebeldía dos pais contra os fillos. Educar tamén co NON, sobre todo co NON xustamente nestes días en que aparecen noticias inquietantes: meus reis, miñas xoias de quince anos que levantan a man contra os pais, fillos que pegan ás nais. Fillos de clases acomodadas rebeldes sen causa coas súas vidiñas instaladas na comodidade do presente, perfectos idiotas que se negan a crecer, que xamais atoparon nalgunha esquina dos seus quince anos quen lles marcara uns límites, quen lles dixera a palabra máis difícil do mundo, un adverbio enfadado e contundente, pero imprescindible en moitas familias: NON.

Na maioría das veces, e cada vez máis, as nosas fillas, os nosos fillos moi ben comidos e mantidos, están con toda seguridade mal alimentados: dietéticamente polos menús empobrecedores da comida lixo, e educativamente 'porque na súa "dieta" diaria falta unha pequena ración de NONS'.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES