Consideramos que ampliar en 8 quilómetros o carril bici supón un despilfarro de diñeiro público, especialmente cando a experiencia demostra que o carril xa existente tivo un uso practicamente nulo dende a súa implantación.
Na actualidade, moitas zonas do carril bici presentan un grave deterioro por falta de mantemento, o que evidencia que, antes de ampliar infraestruturas esquecidas, o responsable sería avaliar primeiro a súa verdadeira utilidade.
O coordinador de UCIN Lugo, Alfonso Hortas, é claro ao respecto: "Non falamos por falar, esta é a auténtica realidade. Se non, que fagan enquisas aos veciños de Lugo e pregunten cantas veces usaron ou viron usar o carril bici de maneira frecuente."
Mensaxes que sintetizan a postura de UCIN Lugo:
- "Non precisamos máis quilómetros de carril baleiro. Precisamos coherencia."
- "Abonda xa de gastar diñeiro en proxectos que ninguén usa."
- "Lugo esixe solucións, non titulares."
Infraestruturas sen atender: unha prioridade esquecida
No pasado mes de abril, UCIN Lugo publicou no diario LugoXá unha nota informativa na que se advertía do estado de mantemento do edificio Impulso Verde. Naquela comunicación sinalábase a existencia de varias tellas desprendidas na cuberta, un problema que continúa presente na actualidade.
Esta situación suscita preocupación polos posibles danos interiores ocasionados polas choivas do inverno e polas precipitacións rexistradas este ano.

Do mesmo xeito, destacábase tamén a necesidade de intervencións no ponte Branco, cuxa situación se considera deficiente e pendente de melloras. Ata a data, non constan reparacións urxentes nestes dous elementos urbanos, malia que o seu estado faría necesaria unha atención prioritaria.
Priorizar o esencial: unha mobilidade eficiente e realista. Á vista destas incidencias sen resolver, UCIN Lugo manifesta a súa preocupación pola intención de destinar recursos á ampliación do carril bici mentres permanecen sen atender necesidades básicas relacionadas coa conservación das infraestruturas xa existentes.
Dende UCIN Lugo defendemos unha mobilidade eficiente, sostible e, sobre todo, realista, baseada nas necesidades reais dos cidadáns e non en investimentos que non achegan beneficios á maioría.
Alfonso Hortas, Coordinador de UCIN Lugo