Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Abre a muralla!

Xiz, Xulio - miércoles, 03 de diciembre de 2025
O cubano Nicolás Guillén quixo abrir as murallas ao corazón do amigo, e pechalas ao veneno e ao puñal, chamando a construir unha muralla de unión, xuntando todas as mans.

Agora que vimos de celebrar o primeiro cuarto de século de que a muralla fose declarada Patrimonio de Humanidade, noto a necesidade de que Lugo se abra á muralla; de que a muralla aberta se convirta en símbolo, patrimonio e obxectivo para a cidade de Lugo.

Os lucenses non dubidamos en arrimar o ombreiro cara á consecución dun obxectivo, e lograr que fose declarada Patrimonio de Humanidade foi tarefa asumida por institucións e particulares, por orgullo patrio máis que como punto de partida para algo grande. E unha vez conseguida a nominación, a muralla deixou de ser preocupación e ocupación. Un cuarto de século despois, podemos ter avanzado en estudo e coñecemento do monumento, pero non en valoración e -permítaseme- en explotación.

En calquera outro lugar do planeta que tiveran a única muralla romana completa do mundo, que puidera percorrerse polo interior, exterior e pola parte superior, terían creado un parque temático, celebrado congresos, convocado concursos de ideas, creado unha empresa oficial, unha xerencia de promoción, un instituto de estudos... algo que abrise a muralla ao coñecemento e valoración, ao turismo europeo, aos circuitos internacionais da arte e da cultura, a un museo da romanidade; algo que provocase a unión dos aparentemente abúlicos lucenses nunha causa común digna dos maiores éxitos.

Un cuarto de século despois, estamos satisfeitos. Non nos decatamos de que o que precisamos, agora e sempre, é abrir dunha vez a Muralla.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES