Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 03 de diciembre de 2025
Voando

Debido a que ó andar me daban picadas, primeiro, nunha cadeira e, tamén, nos dous xeonllos, optei por botar a voar. Botar a voar non é tan fácil. Mesmo xa me costa despegar. Aínda que, eu, a maioría das veces, téñoo Pingas de Orballo moi fácil: subo ó campanario da igrexa de Baños de Molgas e, desde aí, aseguro que se non despego, esnafro 30 metros máis abaixo contra o atrio. Como non teño ás, hai que saber manexar os brazos moi ben para manter un perfecto equilibrio, para voar polo menos medianamente.
Póndonos na situación de que voo máis ou menos ben, teño que dicir que voar é bonito, moi bonito. Agora mesmo vexo as carrilleiras da miña infancia e retrocedo xe anos para imaxinarme nelas, detrás das vacas ou con feixes de nabos ó lombo. A memoria aínda está e tamén é bonita, aínda que a realidade de agora mesmo amósame que tales carrilleiras xa non son as que eran. Por algunhas xa nin se entra. Por outras, se se entra, xa non se sae. As silveiras e matogueiras apoderáronse delas.
Voando tamén vexo as manadas de lobos que se xuntan en Outeiro Barbeiro. Un deles oulea e eu, desde as alturas, tamén ouleo. Ouleo polo tempo que foi. Algúns lobos botan a correr. Outros miran para o ceo. Eu sigo voando polo monte Medo.
Voar é bonito. Voando non doen as cadeiras nin os xeonllos. Voando soño con voar. Voo sobre a inocencia dunha idea e dun feito... o feito de voar. Estou voando. Voando é xerundio, pero o presente móstrame un espazo e un tempo no que a vida era todo un cantar. Agora, cada quen que asubíe o seu retrouso.

Barrenar

Aquí estou xa, disposto a barrenar un pouco. Que os touros de Osborne nunca existiron, que son estafermos ficticios que, por veces, aínda meten medo. Que se vou, o normal é que volva, pero tamén podo quedar alá para sempre. Alá refírome ó planeta Plutón. Agora que xa non é un planeta anano, situado na zona de Kuiper, máis alá da órbita de Neptuno. Que de noite todos os gatos semella que son pardos, pero eu sei que é mentira. De rapaz tiven unha gata rubia, que era rubia de noite e de día, a todas as horas. Hai ditos que non proceden, que están aí porque seica din bonito.
Barreno sobre a bondade de Trump, sobre a benevolencia de Netanyahu e mesmo sobre a benignidade dalgúns alcaldiños locais que se apoltronan en posicións ditatoriais, e pensan que o mundo é seu, que o concello é seu e que as súas ideas, iso si, súas, son auténticas, legais e definitivas. Algún día pasarán á historia do inframundo, dese ambiente de marxinación que ganaron coa actitude dos seus actos.
Que baixando pola canella do desexo pego brincos olímpicos e sen participar en ningunha proba atlética. Que correndo os 100 metros lisos non atopo ningún obstáculo, ningún atranco; mentres que correndo 3 quilómetros campo a través teño que choutar valados, esquivar as gallas dos carballos e saltar algún que outro regato.
Barreno sobre a inocencia do culpable e sobre a culpabilidade do inocente, sobre o ruxerruxe do silencio e sobre o silencio do bulicio, do alboroto, do rebumbio. Barreno sobre o que quero dicir e non digo. Ou non me deixan. Porén, ás veces, barrenar é bonito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES