Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha condena sen sentencia

Rubia, Xoan - viernes, 05 de diciembre de 2025
Moito falouse e estase a falar da condena ao Fiscal Xeral do Estado sen publicarse aínda a correspondente sentencia que explicaría polo miúdo as causas polas que ao presunto delincuente se lle aplica o castigo. Vaia por diante que eu son un leigo á hora de opinar sobre o que os xuíces ou fiscais deciden nisto de aplicaren a lei, pero como cidadán de a pé albergo algunhas dúbidas malia ter clara, non obstante, unha cousa: que os xuíces Unha condena sen sentencia e xuízas son seres humanos e como tales suxeitos as súas particulares conciencias ideolóxicas, se non a que ven isto de definilos como xuíces progresistas ou conservadores. Significa isto que postos a xulgaren farano dende unha perspectiva de esquerdas ou de dereitas? Polo que se ve semella que si.

Un proceso ao Fiscal Xeral do Estado, unha das máximas autoridades do país, debíase facer con probas sólidas e non con bulos emanados dende o executivo madrileño. Esta montaxe perfectamente calculada fixo reforzar a impresión de que os sospeitosos eran os xulgadores e non o acusado, ignorando os testemuños que apuntaban á inocencia do Fiscal Xeral. A divulgación dun secreto que se imputaba ao fiscal, que foi causa do proceso, polo visto era un secreto a voces que xa circulaba polas redaccións e que os xornalistas acadaran nas súas fontes das que todos descartaron a Álvaro García Ortiz. Todo isto fai pensar que a montaxe deste "show" xudicial ten que ver co acoso e derrubo ao que está sometido o Goberno dende as forzas reaccionarias da oposición incluídos algúns xuíces. Non é casualidade que dos sete maxistrados que integraban o tribunal os cinco conservadores votaran a culpabilidade e os dous progresistas a inocencia do acusado. Que casualidade ¿non si? É casualidade tamén que a condena ao Fiscal Xeral do Estado se fixera pública o 20N a présa e correndo? É casualidade que á presidenta da Comunidade de Madrid Isabel Díaz Ayuso lle faltara tempo para facer unha declaración pública aplaudindo o fallo do tribunal e de paso manifestar aberta crítica ao goberno despótico do "ditador" Sánchez? Non cren que son demasiadas casualidades?
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES