¿Por qué?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 04 de diciembre de 2025
Ó longo da historia da humanidade sempre se produciron cambios.
Os cambios son necesarios porque queremos mellorar.
Sempre queremos superarnos naquelo que podemos.
Neso consiste a evolución.
Cada cambio ten un proceso máis ou menos longo no tempo.
Nese período valoramos se mereceu a pena, así como os beneficios que nos puido aportar o devandito cambio.
Ata aquí, todo normal.
Pero cando a velocidade do cambio é tan rápida como un lóstrego, non nos dá tempo a facer esa valoración tan necesaria.
Actualmente...
CAMBIOS COMO LÓSTREGOS
-Cambian os costumes.
-Cambian as modas.
-Cambian as familias.
-Cambian as leis.
-Cambia a maneira de vivir.
-Cambian as relacións dentro do fogar.
-Cambian as relacións entre educadores e educandos.
-Cambian as relacións coas autoridades.
-Cambian as crenzas relixiosas.
-Cambia todo a unha velocidade de espanto.
Aínda que tódolos cambios se fan con intención de mellorar.
De feito, dísenos que vivimos mellor que nunca.
Se eso é certo...
CABE FACERSE MOITAS PREGUNTAS.
Pero nesta ocasión quedarémonos con tan só estas tres:
-¿Por qué se rompen tantas familias?
-¿Por qué nos estamos quedando sen relevo xeracional?
-¿Por qué tanta xuventude ben preparada ten que emigrar?
ALGO FALLA
-CANDO SE ROMPRE UNHA FAMILIA:
Non é porque vaia escasa de cartos.
Os cartos nunca sobran pero sempre chegan porque temos que amañarnos cos que hai.
Non é porque non poida cambiar de coche.
Se non se pode levan un novo, lévase de segunda ou de terceira man, con tal de que funcione, xa nos amañamos.
Non é porque aparecera un gasto imprevisto.
Gastos imprevistos aparecen a calquera hora e hai que facerlles fronte de mellor maneira posible.
En último caso: "a santa necesidade" soluciona moitos problemas. É por falta de amor.
-CANDO NOS QUEDAMOS SEN RELEVO XERACIONAL
Non é porque resulte caro criar un fillo hoxe en día.
Nunca foi barato pero pasar algunha privación tamén educa aínda que non resulte agradable.
Os nosos proxenitores sacáronnos adiante con moitos menos medios.
Non é porque os tempos que corren non ofrezan confianza.
Certo que estes tempos non ofrecen moita confianza.
Pero non ofrecen menos confianza que os anteriores.
Sempre houbo problemas, incluso guerras...
Non é por medo ó futuro que lle espera.
O futuro sempre é imprevisible.
Hai que velo con optimismo e poñer moito entusiarmo para que todo saia ben.
É por egoísmo e comodidade.
Os fillos dan traballo; pero o gozo que producen é maior.
Non fomos educados para sacrificarnos e sen sacrificio non hai nada.
Fomos educados para competir; pero non para compartir.
Aí radica o problema.
-SE A NOSA XUVENTUDE TEN QUE EMIGRAR:
Non o fai por estar lonxe da familia.
Na familia é onde máis cómodos nos encontramos.
Os nosos son os que máis nos queren.
A familia é a que mellor nos trata, aínda que haxa algunha diferencia.
Non o fai por alonxarse das amistades.
Os amigos son os familiares que eliximos e querémolos moito.
Faino por necesidade.
"UNHA NECESIDADE APREMIANTE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora