A casa treme
Otero, David - viernes, 09 de octubre de 2009
A casa treme
Os cristais rompen
As bombas fanse carne
Que non o verbo
E imponse o medo
O medo ponse.
Nos hospitais
moitas nenas e moitos nenos
E algúns debuxan.
Aquel debuxou un neno vivo e
un neno morto.
-O morto
era meu amigo
-di aquel neno debuxante.
- Mamá
- pregunta unha nena.
- Por que os soldados israelís
- Non pensan antes de disparar
- Por que
?
- Porque eles non pensan coma ti
- contenstoulle
súa nai.
E os tanques avanzan
E os tanques pasan por entre os irmáns mortos
,
palestinos mortos entre os cascallos
E por riba da carne irmá
e dos fillos
Palestina asasinada
Por riba pasan
Por riba da carne irmá
humana
por Palestina.
E do ceo caen os panfletos
- Ídevos das vosas casas
! - din
- Ídevos da vosa terra
! din
- Palestino entrega a teu irmán
¡ - din.
- Palestino entrega a Palestina
! din.
- Así tratamos de vos protexer
! din
Que velaí o holocausto do século XXI
- Até que non quede un
!
E o mundo observa
E segue observando el
tan pacificador
- Até cando observando
?
- Até que non quede un
!
Que ben se sabe en Israel
Que quen ofreza máis palestinos mortos
a ese daraselle o voto maioritario
,
o parabén e a confianza
, o mando
A quen ofreza máis palestinos mortos
!
Que ben se sabe en Israel
E logo aos palestinos dinlle...
FANÁTICOS POLO SEU BRADAR
ANTISEMÍTICOS POLO SEU CHORO
TERRORISTAS POLA SÚA RABIA
E para aceptalos eles terán que deixar
O SEU BRADAR
O SEU CHORO
A SÚA RABIA
Velaí o etnocídio a piques de consumarse.
O pobo palestino asasinado selectivamente.
En execución pública
Diante de tanta indiferencia
Co apoio do peor presidente USA
Co apoio tamén
doutros peores presidentes.
E velaí que hoxe
amigas e amigos
Tal a falar de pobo a pobo
Con pobo con pobo
Poñerei a rabia enriba da mesa comunal
Para que todos nós bebamos dela
A sabor de dignidade.
Pois a loita está en pé
Para que viva o pobo palestino
E así pois tamén
a nosa palabra
A palabra con p de POBO
A palabra con p de PAZ
A palabra con p de PALESTINA
Pois o POBO PALESTINO existe
E non pode ser por máis tempo
un POBO PRÉSO
REFÉN
NIN A SÚA CASA
VOLVERSE UN CÁRCERE
NIN UN CAMPO DE CONCENTRACIÓN E DE EXTERMÍNIO
NIN UN GHETTO á luz do sol
A golpe do terrorismo do estado sionista.
AMIGAS E AMIGOS
PALESTINA
É HOXE
UNHA FERIDA DA HUMANIDADE
E NÓS QUEREMOS AXUDAR
A QUE ESA FERIDA
SE PECHE CANTO ANTES
E PARA ISO
PROCLAMAMOS
Que queremos vivo ao POBO PALESTINO
!
Que queremos vivo ao ESTADO PALESTINO
!
Que queremos viva á NACIÓN PALESTINA LIBRE
!
Pola autodeterminación dos POBOS
VIVA PALESTINA LIBRE!

Otero, David
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora