Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha ollada hoxe á normativa do galego, por alguén de onte

Gregorio Montes, Antonio - miércoles, 03 de diciembre de 2025
Quede claro dende o primeiro momento que 1: Ese 'alguén' son eu, que me considero (no título) 'de onte' por ser abondo máis vello non só que a normativa do galego, senón que a maioría da poboación actual de Galicia (segundo o Instituto Galego de Estatística, son máis vello que 3 de cada 4 galegos). 2: Que non me considero gran coñecedor do galego, aínda que sexa tamén meu, o use en consecuencia e teña un certo interese en coñecelo máis.

Dito o anterior, por que estou a escribir sobre o tema? Pois porque hai tempo, chámanme a atención a normativa e os cambios sufridos dende o 83, ano no que se realizou a norma que supuxo unha discriminación positiva desde as institucións para tentar unificar o galego (aconsello consultar a Galipedia para ir máis ó profundo no tema, https://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego). Pero, sobre todo, porque hai menos dun ano tiven a ocasión de asistir a unhas xornadas organizadas por Wikimedia Portugal, onde se trataron diversos temas relacionados con linguas minoritarias, e lembrei esta mesma mañá lendo unha entrevista no xornal.

Ben, e que quero sinalar como visto por min, naquelas xornadas? Seguro que a moita xente non se lle ven de novas, senón que o tiña xa integrado nos seus miolos hai tempo. Pero non eu, por iso, aí vai. O caso é que naquela xuntanza houbo unha especie de ‘carta de presentación’ na Wikipedia do mirandés, unha lingua con moi poucos falantes (uns 1500 no día a día) e moi deturpada usada na zona de Miranda do Douro, unha vila portuguesa limítrofe con Zamora. Alí souben que a normativa (recente aínda, do 1999, o mesmo ano que o recoñecemento oficial do mirandés polo estado portugués) sufriu cambios por riba do previsto inicialmente. A normativa do mirandés, emparentado co astur-leonés, recollía nun primeiro borrador semellanzas coa aplicada no castelán, e, política por medio, foi achegada na versión final á normativa lingüística portuguesa. De aí, a lembrar o sucedido coa normativa do galego só hai un paso: diríase haber un espello entre ambos casos. Unha reflexión que pon de manifesto que o achegamento á normativa dunha lingua máis próxima (no noso caso, o portugués, no do mirandés, o astur-leonés) é rexeitado para achegarse máis á aplicada por unha lingua máis afastada, pero con poder político sobre o territorio (no noso caso, o castelán, no deles, o portugués).

Son consciente que nesta ollada rápida dun profano sobre un aspecto concreto da normativa, a súa historia, faltan totalmente os criterios lingüísticos que estimo deben ser os fundamentais nela, e os datos concretos da evolución no tempo, e sobran os criterios subxectivos que deben de estar apartados da súa redacción. Pero, non foi iso exactamente o que parece ter pasado no caso da normativa do mirandés (e do galego)?
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES