Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 02 de diciembre de 2025
A miña circunferencia

Son o lado esquerdo do triángulo isósceles e a pendente do escaleno. Quero subir por esta e pónseme moi costa arriba. Quedo quieto. Son o universo que remata no planeta Venus e o salouco con intervalos de suspiros. Son o xabaril que estraga o millo e o can de palleiro que se baña no río.
Pingas de Orballo Cansado ou aburrido de estar quieto, empezo a subir a costa do triángulo escaleno. No medio, sento. Penso na representación dunha idea abstracta ou nunha acción moral, onde de ordinario cada elemento representativo corresponde a un elemento da idea representada. A iso chámaselle alegoría. Ergo. Sigo camiño. Subindo. Chego á punta do triángulo e lánzome ó baleiro, a ese espazo libre que non está ocupado por corpos sólidos.
Aterro no planeta Venus e desde aí si caio na conta de que o universo é infinito. Ou non. Ó mellor ten un final que hai que andar para saber. Do principio saín. Cando chegue xa direi.
Como na caída do triángulo escaleno non me matei, agárrome ó lado dereito do triángulo isósceles. Son tamén o triángulo equilátero. Teño todo igual: a cabeza no seu sitio, os soños buscando a esperanza, a esperanza sentada na canella da melancolía e a melancolía preñada de señardade. Porque a melancolía é o pracer de estar triste.
Son a circunferencia que arrodea a todos os triángulos. Son o universo que se alonga deica o infinito e máis alá. E son o lobo que oulea desde calquera dos picos do triángulo escaleno. Son o triángulo inscrito nunha circunferencia... a miña circunferencia... o meu mundo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES