Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 28 de noviembre de 2025
Cantos de Esperanza

Erradiquei o patriotismo con catro pingas de orballo e dous cantos de esperanza. A esperanza vai pola miña propia patria. Eu son a miña patria. Os responsos caerán cando todo morra e nada quede; nin patriotismos, nin centrismos, nin radicalismos, nin fascismos, nin totalitarismos, etc. Tan só o silencio das nacións, das patrias será inocente. Agora cada quen que erga a súa bandeira e a bambee ó vento.
Pingas de Orballo Elimino fronteiras cun simple soneto. Catorce versos para dicir que a liberdade é o dereito e posibilidade de poder actuar unha persoa segundo os propios criterios e de decidir por ela mesma aquilo que lle atinxe, sen estar sometida ás imposicións doutros. Decido que a miña liberdade é miña e non ten fronteiras. Por ela si rezarei tres ave marías, de xeonllos e en silencio.
Cantarei un himno a peito aberto. Que se os rumorosos din algo; que se as altas copas deixan un monótono fungar; que os verdes castros e o valoroso chan; que non esquezamos o fogar de Breogán; que os bos e xenerosos entendemos o noso rouco son, a non ser que sexan félidos e duros, imbéciles e escuros, eses non o entenden, non; que os tempos son chegados dos bardos das idades; e, finalmente, a noso voz pregoa a redención da boa Nación de Breogán.
Subirei ó outeiro máis alto para oulear unha doutrina política que, no caso das nacións sen estado, defende a liberdade da comunidade nacional na decisión da forma política que quero adoptar para min. A isto chámaselle nacionalismo. Nacionalismo cheo de cantos de esperanza e de todo un poemario con centos de sonetos de orballo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES