Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vodas

viernes, 09 de octubre de 2009
Sempre entendemos que o tema de matrimoniar era de competencia exclusiva dos contraíntes. Mesmo antes eran os pais os que invitaban ós casoiros, e agora son os mozos que van contraer matrimonio os que extenden as correspondentes invitacións. Nesa liña, mesmo, está a Igrexa Católica, que considera que son home e muller os que contraen matrimonio, que eles mesmos son os que se casan, actuando o crego simplemente como testemuña de que a unión se efectúa diante dun representante da Institución. Entendendo como matrimonio a unión de dúas persoas adultas, responsables, conscientes e que consinten en establecer o vínculo.

Continuamente estase denunciando que no terceiro mundo, especialmente en África, se establecen anualmente centos de miles de matrimonios de adultos con rapazas menores de idade, onde se conculcan todos os dereitos femininos e infantís.

Pero hai outras vodas agora perseguidas, tanto polas autoridades relixiosas como polas civís. Trátase das chamadas “vodas de conveniencia”, onde unha parte é un “sen papeis”, que ó casar cun cidadán deste país automáticamente entra a formar parte da nosa sociedade.

Se a organización se fai co detalle preciso, cubrindo as formas, o sistema resulta válido, pero hai que tomarse un bo tempo para entablar coñecemento, establecer o vínculo e manter a relación ata que se produza a separación efectiva e legal. Cando o proceso se forza e ostensiblemente se aprecia a montaxe, detense o procedemento e procédese á expulsión da persoa que non ten os “papeis” en regla.

Velaquí como un proceso natural, regulado, privado, que ven funcionando desde hai séculos, pode viciarse pola intervención de intereses espúreos e impropios.
Debe ser difícil establecer a liña que separa un matrimonio convencional, real doutro amañado, figurado. Pero quen intervén nestas ceremonias, e na preparación da correspondente documentación, seguro que ten a experiencia precisa para detectar as irregularidades que se veñen observando.

De todos os xeitos, ben farán os poderes públicos en estudiar a regulación da situación de persoas que teñen que recurrir a tan difícil procedemento para poder permanecer no lugar que -voluntariamente ou á forza- elixiron para vivir.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES