Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devocións

Xiz, Xulio - viernes, 28 de noviembre de 2025
Nunca me preocupou o futbol nin os deportes en xeral, pero tiña a idea de que os devotos dun equipo de fútbol se guiaban por principios de amor ás cores, do respecto á canteira... de xeito que o sentimento colectivo da poboación disfrutaba ou se compunxía en razón directamente proporcional á posición do equipo na tabla.

Sei que as cousas cambiaron, que encher un campo modesto é difícil, que os climas frescos coma o noso non animan a acudir aos estadios no inverno, e que ninguén loita por ser directivo dun clube modesto; que moitas veces é unha cruz máis ca unha festa.

Que os clubes dun certo nivel se tivesen que transforman en sociedades anónimas é síntoma de dificultade na xestión, na necesidade de planificar futuros, e facer que cada equipo funcione coma unha empresa, buscándose a vida e o futuro.

O seguinte paso chega cando un equipo de futbol é comprado por unha sociedade mercantil, por unha empresa ou por un estado; e o Lugo é dunha empresa sudamericana, o Atlético de Madrid dun fondo de inversións... porque as empresas buscan onde investir, e o futbol é unha empresa como outra calquera, que busca rendibilidade.

E entón, pregúntolle ao meu neto maior, onde queda a afección, sentir as cores, o vibrar diante dunha situación problemática, ou gozar dunha longa situación de calma garantizada polos resultados... E a resposta é a máis natural do mundo: Se tés forza económica, di o meu informante, o equipo refórzase, a economía vai ben, estás situado na táboa... Todos satisfeitos.

Que máis che da quen é o propietario do equipo? O que vale son os resultados. A fin de contas, a economía. O demais, non ten importancia. E punto.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES