Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A empresa máis productiva

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de noviembre de 2025
Hoxe en día o nivel de riqueza dun país mídese polo producto interior bruto.
Se un país non ten medios para alimentar e ofrecer unha vida digna ós seus habitantes, ese pais está arruinado económica e socialmente.
Por eso é tan importante o mundo da empresa a tódolos niveis:
agricultura, gandeiría, minería, industria e, nestes tempos, moita tecnoloxía.
Son moi importantes as grandes empresas e non menos as pequenas.
Afortunadamente son moitas as persoas emprendedoras que enriquecen o tecido conómico dun país.
¡Pobre de nós se nos faltan as empresas e os emprendedores!
Pero...
Ó meu humilde parecer aínda hai una empresa máis productiva que é o sostén de tódalas outras:
O SOSTÉN DE TÓDALAS EMPRESAS É A FAMILIA
Todos pertencemos a unha determinada familia da que herdamos a xenética e os principios básicos que rixen as nosas vidas.
Persoas unidas por vínculos de amor e de sangue formamos unha célula básica da sociedade.
Eu quédome coa familia de toda a miña existencia: a familia cristiana.
Respecto os outros tipos; pero unha cousa é respectar e outra é compartir ou comulgar.
Moitas persoas no o ven así.
Por eso, hoxe en día as familias son moi variadas; pero, aínda así:
-Na familia criámonos para que poidamos incorporarnos ó tecido social.
-Na familia educámonos para que saibamos comportarnos ante os demais
-Na familia aprendemos a compartir para ofrecer os talentos recibidos ás persoas que encontramos no camiño da vida.
-Na familia aprendemos honradez para no explotar ó próximo.
-Na familia aprendemos a servir para axudar a quen nos necesita.
-Na familia aprendemos a perdoar para que ó longo da vida poidamos vivir en paz cos demais.
-Na familia aprendemos responsabilidade para ser responsables dos nosos actos ó longo da vida.
-Na familia aprendemos a obedecer para que saibamos ser dóciles ó que nos manden os nosos superiores.
-Na familia aprendemos a importancia de ser boas persoas, para facer canto máis ben poidamos.
-Nas familias católicas aprendemos a amar a Deus, ante todo, e ós outros como irmáns
-Na familia fórxase a nosa personalidade que é unha boa ferramenta que vai con nós toda a vida.
-Na familia aprendemos a amar:
¿Qué sería de nós se nos falta o amor?
Pensándoo ben...
¿Non será esta a empresa máis produciva?
Paréceme que se esta funciona ben, as restantes, tamén.
SUSTUTUTOS DA FAMILIA
Hoxe en día, debido á carestía da vida e o ritmo que levamos, as criaturas desde bebés pasan a integrarse en xardíns de infancia para incorporarse a unha formación académica que os prepara para insertárense ó mundo laboral o día de mañá.
¿FUNCIONAMOS COMO UNHA FÁBRICA DE PRODUCTOS EN SERIE?
¿Somos bens de consumo ou somos persoas?
¿En que posto quedan as aprendizaxes e as vivencias no fogar?
SE VIVIMOS NA RÚA E CARAA FÓRA:
-Pensaremos en consumir cada día máis.
-Pensaremos que a materia nos vai a dar a felicidade.
-Pensaremos en parecer en vez de ser.
Se esto nos parece ben temos que pensar que esta maneira de proceder dará lugar a outro tipo de sociedade ben diferente á que nos tocou vivir.
SOCIEDADE OCA POR DENTRO
Certo que a xente nova sabe máis de letras e de tecnoloxía que as xeracións anteriores.
A evolución é necesaria, o saber non ocupa lugar.
A tecnoloxía facilítanos a vida en moitos aspectos:
Preguntámolle á IA calquera cousa e contéstanos; pero...
¿PODE UNHA MÁQUINA SUSTITUÍR Ó TRATO HUMANO?
¿Por qué será que cada día hai máis persoas deprimidas?
¿Por qué será que o número de suicidios aumenta?
¿Por qué se romperán tantas e tantas familias?
¿POR QUÉ?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES