Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ourense e Braga

Piñeiro, Antonio - jueves, 08 de octubre de 2009
Contan con moitas máis semellanzas das que nun primeiro golpe nos poidan vir á cabeza e, aínda que tampouco o pareza, están unidas dende os tempos dos romanos, malia que leven vivindo de costas máis de dous milenios.

Cando Décimo Junio Bruto cruzou o río Lethes e lembrou, un por un, o nome de tódolos seus soldados, ¡xa daquela! trazaron unha calzada que Antonino rexistrou co número XVIII de entre as vías que o Imperio construiu no cadrante noroccidental da Península Ibérica e que xunto cunha segunda comunicación que continuaba ata Lugo, puxo en contacto comercial a Braccara Augusta coa vella Auria.

Logo, cando Martín de Dume escribiu o “corrector dos rústicos”, foron as súas dioceses as que tiveron encontros e desencontros e mesmo Rosendo Guterres chegou a compartir o episcopado bracarense co de Mondoñedo, o cal debeu xerar -alá polo século X- un nutrido tráfico de homes e de enseres.

Despois chegou Afonso Henriques e foi entre as dúas cidades –en Arcos de Valdevez- onde lle gañou a primeira loita pola independencia ó seu curmán Afonso VII de León e Castela.

Finalmente chegou a fronteira, e con ela longos séculos de ignorancia mutua soamente superada de forma iniciática dende que a Garda Civil e os gardinhas desapareceron dela.

As dúas están no interior e loitan contra a potente economía da costa. Contabilizan, veciño arriba veciño abaixo, unhas cen mil “almas” -que diría Pascual Madoz- e tamén ámbalas dúas atesouran un inxente patrimonio por descubrir, presidido por senllas catedrais señeiras.

Unha –coa instalación de IBM- ten vocación de ser a capital galega da informática. A outra acaba de inaugurar o Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía.

Velaí cómo non todo é pasado e como por riba da mesa xa hai dúas razóns de futuro para que a autovía da fronteira sexa algún día non remoto a autovía Ourense-Braga pola que non vai ter máis remedio que apostar con valentía a Xunta de Galicia.

Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES