Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O poder dos contos

Santalla, Iago - miércoles, 26 de noviembre de 2025
Co avance tecnolóxico, sobre todo co paso xigantesco que supón a IA, estase a esquecer a transmisión xeracional, aquela que facían especialmente os avós e que significa o mantemento dunha cultura popular propia. Xunto cos contos, ían os xogos, as cancións, os refráns e todo aquel exército de festividades que nos axudan a percorrer o almanaque dos anxos.

Agora, internet e a IA deberían ser unha ferramenta de conservación deste patrimonio oral. Non en tanto, conservalo tamén supón recrealo e recrealo significa ter a liberdade de reformulalo. Neste sentido, hai contos tradicionais que merecen unha volta de folla para que sigan transitando na memoria da humanidade.

O conto é, por un lado, un elemento cultural e, polo outro, un elemento educativo. Por iso, o que hai 50 anos serviu a un determinado sistema, se cadra, non pode servir agora pero si merece ser coñecido para reflectir o cambio de pensamento e gardado como unha memoria que nos lembre á propia evolución.

Por outra parte, os contos son a voz dos nosos antergos, ese compás que nos une no fío emocional das xeracións, transmitidos, aínda reformulados, significa enganchar ás novas xeracións á historia que lles pertence.

León Felipe dicía nun poema que sabía todos os contos e que durmira con todos os contos. Quizais esta sexa unha regalía interxeracional que nos pode unir a séculos de humanidade. Un tesouro que escapa a todos os parámetros da IA.

Que nunca deixen de contarnos contos!
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES