Non todo é trigo limpo
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 20 de noviembre de 2025
-¿Será certo que vivimos nun mundo enganoso?
A min paréceme que si
-¿É ouro todo o que reloce?
Penso que non.
-¿O materialismo faise con nós?
Moito máis do que pensamos.
-¿O consumismo dános máis liberdade?
Me parece que é todo o contrario.
-¿Ou estaréi enganada?
É posible.
Pero en calquera caso:
CÓMPRE IR Ó TANTO.
Cómpre ir cos ollos moi abertos por este mundo de mil mentiras.
Como dicía o Premio Nóbel das Letras fai pouco días:
"ESTE MUNDO NON ME GUSTA".
A min tampoco; pero é o que temos.
Cómpre acollelo e amalo para transformalo en algo mellor.
RESPÍRASE UN AIRE UN TANTO ENRARECIDO
-VIOLENCIA NOS FOGARES que repercute, principalmente, nos máis febles: infancia e senectude.
-VIOLENCIA NAS ESCOLAS: moi preocupante para o futuro do país.
-VIOLENCIA COS SANITARIOS: ¡unha mágoa!
-VIOLENCIA na prensa, na radio, na tele, na rúa
Haina en todas partes.
MALOS EXEMPLOS PARA A XENTE NOVA.
-Ambientes familiares difíciles de dixerir.
-Ambientes escolares máis agotadores que nunca.
-Profesorado "queimado".
-Peronal sanitario "queimado".
Ambiente social enrarecido: todo vai moi raro.
-¿É COMPATIBLE A VIOLENCIA COA CONVIVENCIA?
De que eu saiba, non.
-¿PODEMOS FACER ALGO DA NOSA PARTE?
¡Claro que podemos!
AÍNDA QUEDAN PERSOAS CON GANAS, CON MOITAS GANAS
Empezando nese niño de amor, que chamamos familia, onde deben darse o exemplos de:
-HUMILDADE: para mostrarnos con sencillez e naturalidade.
-SINCERIDADE: para que a comunicación sexa fluida.
-XENEROSIDADE: para aprender a comparitr o que temos e o que somos.
-SENCILLEZ: sen complicarse a vida que xa ten problemas abondo.
-PUREZA: que restitúa a dignidade do ser humano tan pisoteada hoxe en día.
-TEMPLANZA: para disfrutar con moderación de tantas cousas boas que nos ofrece a vida.
-DILIXENCIA: á hora de cumprir puntualmente cos nosos deberes.
-PERDÓN: para cura-las feridas nos corazóns e restaurar ese ben tan preciado que é a paz.
-SERVIZO: tan importante que a Madre Teresa de Calcuta dixo: O QUE NON VIVE PARA SERVIR, NON SERVE PARA VIVIR ¡Canto valen as persoas serviciais!
-GRATITUDE: esa virtude que enche os corazóns de gozo. ¡TEMOS TANTO, TAAANTO QUE AGRADECER!
-PACIENCIA: para sobrelevar con dignidade os avatares que nos presenta a vida, paciencia con todos e con todo.
Paciencia coa esperanza de alcanzar os nosos obxectivos un día ou outro, tendo en conta que os tempos de Deus non son os nosos tempos.
-RESPECTO para con nós mesmos, para coas persoas que tratamos e para coa nai natureza en xeral.
Respecto á vida, respecto cara as persoas, respecto cara ós pareceres alleos, respecto cara á diferenzas, respecto cara ás crenzas, respecto...
RESPECTO POLOS VALORES CRISTIÁNS QUE SON OS QUE SOSTEÑEN O MUNDO EN PÉ.
-TEMOR DE DEUS sabendo que Deus nos envolve no seu manto de
Amor tódolos días da nosa vida e que, polo tanto debemos corresponderlle con moito amor e gratitude.
Se os ateos non o entenden... ¡mala sorte!
-CARIDADE: poñendo amor en todo porque o amor cura tódolos males.
Se nos falta o amor, non somos nada por moitos coñecementos, moito poder e moitos cartos que teñamos.
A FAMILIA É A PENEIRA ONDE SE CRIBA O TRIGO DA PALLA.
Pero...
¡Qué máis quixeran moitas familias que ter tempo para dedicarllo ó froito das súas netrañas!
Tal como vai o mundo: os adultos vense obrigados a traballar moitas horas fóra da casa e as criaturas pásanas en actividades diversas.
E deste xeito, a vida familiar resíntese.
Un fogar é a empresa máis productiva.
"A EMPRESA MÁIS PRODUCTIVA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora