Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O secuestro do barco Alakrana

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 17 de noviembre de 2025
O secuestro do barco Alakrana O 8 de abril de 2009 uns piratas somalís secuestraron o mercante Mærsk Alabama, que, catro anos máis tarde, o director británico Paul Greengrass levaría ó cine coa película "Capitán Phillips" e co protagonismo de Tom Hanks. Seis meses máis tarde dese secuestro, o 3 de outubro, outros piratas do mesmo país secuestraron o atuneiro conxelador Alakrana, propiedade da empresa Echebaster Fleet, con sede no municipio biscaíño de Bermeo. Tamén deste se fixo un telefilme dirixido por Salvador Calvo e protagonizado por Miguel Ángel Silvestre.

O atuneiro vasco pescaba no océano Índico cando foi interceptado por un grupo de asaltantes, armados con fusís e embarcacións rápidas, que o abordaron en cuestión de minutos. No Alakrana viaxaban 36 tripulantes, dos cales 7 eran vascos, 1 andaluz e 8 galegos. O resto eran de varios países asiáticos e africanos. Desde o primeiro momento, o secuestro xerou unha gran tensión tanto en España como no ámbito internacional.

A banda pirata esixiu un rescate millonario e a liberación de dous dos seus membros detidos pola fragata española Canarias. O Goberno español activou un gabinete de crise e desprazou medios militares á zona, incluída a fragata Méndez Núñez e un avión de vixilancia. Porén, as autoridades insistiron en que a prioridade absoluta era garantir a integridade da tripulación, o que levou a unha estratexia de negociacións discretas e unha presión diplomática constante.

Mentres tanto, os familiares dos mariñeiros, especialmente no País Vasco e Galicia, viviron semanas de angustia. As concentracións, lecturas de comunicados e mobilizacións reclamaban unha solución rápida e segura. En Somalia, a situación era igual de inestable. As faccións piratas, divididas e con agarradas internas, dificultaban as negociacións. Os secuestradores moveron o barco en varias ocasións para evitar ser rescatados por forzas internacionais que patrullaban a zona dentro da Operación Atalanta da Unión Europea. As condicións de vida para a tripulación, segundo relataron posteriormente, foron duras pero non extremas: estaban vixiados, con escasa liberdade de movemento e baixo permanente ameaza.

Tras 47 días de retención, o 17 de novembro de 2009 (cúmprense, precisamente hoxe, 16 anos), o Alakrana foi liberado. Aínda que nunca se revelou oficialmente o custo do rescate, diversas fontes falan duns tres millóns de euros.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES