Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 14 de noviembre de 2025
Dádeme unha noite de silencio

Dádeme unha noite de silencio, e pararei o mundo. O silencio, como mellor se aprecia, é estando quietos. No silencio os pensamentos asoman desde o baleiro. En cada pensamento, un recordo. En cada recordo, unha flor de toxo, ou de amendoeira, ou de crisantemo, ou de codeso, ou de salgueiro. En cada flor, o néctar. O néctar que chuchan as abellas.
Co mundo quieto ou parado todo é silencio. En cada soño, un tempo. En cada tempo, un momento. En cada momento... silencio. Nada hai máis bonito que unha ilusión inventada. A ilusión é a felicidade que se sente pensando no desenlace de algo, en algo que vai vir ou que se espera que veña. A ilusión é a esperanza de conseguir algo ó que se aspira ou se desexa moito. A ilusión é o erro dos sentidos ou da mente que consiste en tomar como real, ou posible no futuro, algo que non o é. A ilusión é a de pasar todo unha noite en silencio para que se pare o mundo.
Co mundo quieto ou parado, a esperanza pode ser unha quimera como pode ser unha virtude teologal pola que se espera recibir de Deus os bens prometidos. Mellor, unha quimera. Da teoloxía non espero nada. E do paisano aquel, menos. Así é que... a vivir, que son dous días. Aínda que sexa co mundo inmóbil ou detido, hai que vivir igual. Mellor en silencio.
Dádeme unha noite de silencio, e pararei o mundo. En cada ansia, un desexo. En cada desexo, unha fantasía. En cada fantasía, unha película. Unha película que se ve, en bucle, sobre a pantalla da miña imaxinación; que é moita. E co silencio deitado sobre a almofada do meu soño, o mundo deixa de xirar. Ou de virar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES