Animal
Santalla, Iago - miércoles, 19 de noviembre de 2025
"Animal" é una serie de Netflix protagonizada por Luís Zahera que é Antón, o veterinario. Trátase dunha comedia na que Antón vive dúas realidades (a rural e urbana) que supoñen unha relación moi distinta cos animais. En ambas respéctanse e procúrase o seu benestar pero quizais non sexa igual consideralos "traballo", "compañía" ou "familia". Son visións distintas e cómpre dicir que respectables, sempre e cando non se infrinxa maltrato.
Ao longo da serie imos vendo onde está cadaquén e se entre as posicións citadas hai (ou non) termos medios. A serie dá unha visión bastante fiel da vida rural, aínda que con matices que podemos atribuír á comedia.
Con todo creo que cómpre achegarse a ela sen prexuízos e con ganas de pasalo ben. A comedia sempre nos dá a oportunidade de rirnos da imaxe que nos devolve o espello. "Animal" dálle caña a todas as actitudes. Quen se vexa nelas pode reafirmarse ou decidir cambiar...
En "Animal" só hai unha cuestión fundamental: rir.
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora