Da República Literaria Galega (I)
Requeixo, Armando - martes, 06 de octubre de 2009
Declaración de intencións
Convídanme xenerosamente os amigos de Galicia Digital a que me sume á nómina de colaboradores da sección de Opinión. Como as angueiras nas que ando decote enleado como crítico literario teñen a ver coa escrita de noso, pensei que se de algo podo opinar con certo coñecemento é, precisamente, da República Literaria Galega.
Ocupareime, por tanto, en sucesivas entregas de todo aquilo que suscite interese e teña que ver coa actualidade das nosas letras.
Na miña intención non está senón ir debullando ideas e reflexións que configuren un estado de opinión persoal sobre diversos asuntos, consciente de que haberá quen discrepe dos meus pareceres e quen os sinta máis próximos.
Se consigo non aburrir e invitar cos meus textos ao contraste vizoso de opinións, xa me dou por satisfeito.
E velaí.
¡Saúde e República!
Requeixo, Armando
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora