Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ir indo

Xiz, Xulio - jueves, 13 de noviembre de 2025
O "ti, vai facendo" funcionou un tempo longo que rematou coa implantación de plans urbanísticos, e as conseguintes adaptacións para reconducir o incorrecto. Se daquela se trataba de "ir facendo", agora o que funciona é o de "ir indo" nesta peonalización que vivimos, e zonas presuntamente peonalizadas son as máis transitadas polos vehículos. Velaí a rúa do Teatro, sen beirarúas porque todos diriamos que é peonil, mentras soporta ringleiras de automóbiles cara e desde os aparcadoiros soterrados mentras os peóns circulan como poden. A situación segue igual por Santo Domingo, onde non hai pasos de peóns, disputándose civilizadamente o paso vehículos e cidadáns de a pé.

A existencia de praza de abastos e mercado orixina nas horas punta concentraciòn de vehículos, o mesmo que diante da Subdelegación do Goberno onde nas horas de reparto se xuntan máis dunha ducia de furgóns.

Ao final resulta que o tráfico "vai indo", sen grandes complicacións, na necesidade de ter que convivir camiñantes e conductores, especialmente tendo en conta que os papeis cámbianse dun día para outro.

Quizais a solución está en ir alternando preferencias, cedendo paso, sabendo que a peonalización radical é imposible nesta cidade, e que entre todos imos autoorganizándonos sen maiores problemas.

Se os semáforos dan paso ás rotondas, as luces amarelas parecen máis amables, e compartimos semáforos para deixar pasar vehículos cando non hai peóns, vai resultar que nós sós amañámonos bastante ben, "imos indo", e o que podía ser un caos quizais sexa un experimento do que estamos saíndo airosos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES