Cavilando noutros tempos
Santalla, Iago - miércoles, 12 de noviembre de 2025
Pensando naqueles tempos da "telegaita" nos que moitos nos queixábamos, con razón, de que estaba teledirixida dende San Caetano (exactamente igual que agora) e que só accedía a ela aqueles dóciles co poder, un tamén se da conta de que o compromiso coa lingua e coa cultura foi en caída libre.
Aquela xente tiña, canto menos, certo respecto e coidado polo galego. Podía subscribirse coa liña "folclórica" pero era agradecida e agarimosa coa man que lle daba de comer. Claro que, dende o meu pensamento, non me chegaba. Por iso me ía con outra xente que non estaba na grella da TVG por cuestións ideolóxicas.
Visto dende hoxe, aquela xente tiña un respecto pola cultura e polo idioma que hoxe vai en detrimento. Quizais, deberíamos mirar un pouco máis dentro de nós porque en nós hai moito descoñecido e quizais esteamos importando o que teríamos que exportar.
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora