Moito agradecemento
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 13 de noviembre de 2025
Din que é de ben nacidos ser agradecidos.
A min paréceme unha gran verdade.
DEBEMOS GRATITUDE:
-Ó Dono da vida, no caso dos crentes porque para nós a vida é un milagre que só o mesmo Deus pode producir.
-Ós proxenitores que son os colaboradores directos desde o momento da nosa concepción, dándonos: mimos, coidados e formación.
Sen eles non sería posible o noso nacemento e sen a vida que infunde Deus na nosa alma, tampoco.
-Ó persoal sanitario que coida a nosa saúde física ó longo de toda a vida.
Ós sacerdotes que nos introducen na vida cristiá como fillos de Deus e membros da Igrexa no momento do noso bautizo (no caso das familias crentes, que están aumentando ultimamente).
Do que temos falta é de sacerdotes; pero Deus xa o sabe e proveerá.
-Os mestres que nos abren a mente ó coñecemento sen o cal viviríamos como na Prehistoria.
Son a chave que abre a porta ás restantes profesións.
-Ós restantes profesionais que nos abastecen de canto necesitamos para levar unha vida digna.
-Á comunidade que nos acolle para satisfacer as nosas necesidades sociais.
¿QUÉ PASA NA REALIDADE?
Ó DONO DA VIDA TÉMOLO ESQUECIDO.
-Como é invisible, non podemons demostrar matematicamente que exista de verdade, e ante a dúbida... Cuestión de fe.
-Como non coincide cos nosos desexos egoístas, preferimos ignoralo para non compartir cos demais o que preferimos que sexa exclusivamente para satiface-lo noso ego.
-Como nos di que hai que entrar pola porta estreita, non estamos dispostos a sacrificarnos, podendo entrar fácilmente pola porta ancha que nos ofrece o mundo, aínda que sexa eganosa.
-Como os seus tempos non coinciden cos nosos, imos a destempo.
-Como o materialismo e o consumismo nos cegan, non vemos a realidade.
Menos mal que Deus é misericordioso e ten paciencia infinita con nós e por eso nos dá oportunidades ó longo de toda a vida para que poidamos entrar no seu Reino.
OS PROXENITORES PÁSANSE CON NÓS
-Dannos o mellor que teñen e moitas veces non lles correspondemos.
-Criannos con todo tipo de mimos e cariño; pero non sempre llelos devolvemos cando eles, co paso dos anos, se volven como nenos.
-Págannos uns estudios con moito sacrificio e regateamos esforzos cando temos que facer unha aportación para o seu sostemento.
-Prívanse de moitas cousas para dárnolas a nós e parécenos que non lles costa sacrificio.
Certo que vida mira cara adiante; pero o futuro non existiría sen o pasado: pasado e futuro van unidos polo presente.
O PERSONAL SANITARIO TÉMOLO PRESENTE NAS OCASIÓNS
-Aínda que levara o control sanitario do embarazo da nosa nai.
-Aínda que nos axudara a nacer.
-Aínda que nos puxera as vacinas necesarias para que non colleramos certas enfermidades.
-Aínda que nos cure de moitas doenzas ó longo da vida.
-Aínda que sufra moito máis do que nos podemos imaxinar cando non pode poñer solución ós nosos problemas.
-Aínda que outro día nos axude cos coidados paliativos.
OS SACERDOTES DEIXÁMOLOS NUN SEGUNDO PLANO
-Porque esquecemos que temos unha alma que salvar.
-Porque, nun mundo materializado, infravaloramos a vida espiritual.
-Porque o consumismo tennos embobados pensando que nos vai sulucionar os problemas vitais.
Pero: o verdadeiramente importante é crear un ambiente que nos permita vivir a fraternidade coa axuda da gracia de Deus recibida a través dos Sacramentos administrados polos seus ministros
OS MESTRES NON OS VALORAMOS COMO É DEBIDO
-Non somos conscientes do tempo que dedican a preparar leccións para que as criaturas poidan asimilalas.
-Non nos dámos conta do que costa enfoca-la atención da infancia nunha boa preparación.
-Non somos coñecedores dos traballos que pasan loitando incansablemente para sacar o alumnado adiante.
-Non temos nin idea do que significa levar unha clase hoxe en día.
-Non sabemos que as criaturas son un reflexo da sociedade e descargan tódalas súas emocións na aula.
Coas restantes profesións ven pasando outro tanto do mesmo.
Circulan augas revoltas...
CRISE DE GRATITUDE DEBIDO Ó EGOÍSMO REINANTE
O noso ego xóganos moi malas pasadas.
Dámos pouco e queremos recibir moito
E non nos decatamos que: do que se dá, eso mesmo se recibe.
RECIBIMOS POUCA GRATITUDE
-Porque vémo-la vida con desconfianza.
-Porque reina moita inseguridade no ambiene.
-Porque nos absorben as redes sociais.
-Porque non distinguimos a palla do trigo.
"NON TODO É TRIGO LIMPO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora