Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As portas do alén no Santo André de Teixido

Otero Canto, Xosé - viernes, 12 de diciembre de 2025
A peregrinación ao santo André de Teixido é moito máis antiga que a de Santiago de Compostela, xa que esta está moi relacionada coa Reconquista e motivada por esa relación entre relixións, como foron as primeiras algazaras ou "razzias" entre musulmáns e cristiáns. A peregrinación ao santo André de Teixido é moito máis antiga porque se delimita xa nos primeiros poboadores que se establecen en Teixido. As portas do alén no Santo André de Teixido

Posiblemente os primeiros peregrinos haxa que datalos na Idade de Ferro, no século VI antes de Cristo, cando os celtas se mesturan cos pobos do Ortegal, pero tamén cos viquingos que invaden as nosas costas ao longo da historia.

O lugar xeográfico é perfecto porque o cabo Ortegal tamén é a fin do mundo e se os celtas crían que viñan do outro mundo, un lugar máis lonxe das augas, do outro lado do mar e que ao morrer volvían a el. A súa crenza é moi semellante á mitoloxía grega e romana representada polo barqueiro Caronte que transporta as almas dos mortos a través dos ríos do inframundo, o Aqueronte e a Lagoa Estixia que Caronte, o barqueiro se encargaba de levar ao reino de Hades.

O outro mundo dos celtas e dos castrexos estaba tamén cheo de vida pois era o sitio onde estaban os heroes, os deuses e os defuntos, pero se morría unha persoa sen ter a conciencia tranquila ou sen ter ido ao santo André de Teixido, estaría vagando polo mundo ata a eternidade ou ata que se resolvese o seu problema; por iso na nosa Galiza hai moitas ánimas en pena que forman parte da Santa Compaña, culto moi enraizado en toda a nosa terra tendo que vir a Teixido, que é onde se atopa esa porta última ou lagoa Estixia que comunica co outro mundo ou co alén, aquí é onde se atopa a entrada do aquén ao alén, por iso o que non foi de vivo ao santo André de Teixido ten que ir de morto, nunha semellanza ben importante entre Caronte e o santo André, sendo este capaz de transportar as ánimas ao alén facendo o mesmo oficio que Caronte.

Os viquingos tiñan tamén unha árbore sagrada, que o mesmo que os celtas era o teixo. Na relixión viquinga os mortos nas batallas eran levados ao valhalla guiados polas valquirias que os levaban ao alén tal e como nolo presenta Wagner na "Cabalgata das valquirias" que, como vemos, tamén está moi relacionado con ese mundo do alén.

O santo André é polo tanto ese santuario que fai de intermediario entre o aquén e o alén, tal e como lle pasou ao romano Décimo Xuno Bruto cando tratou de conquistar Galicia 137 anos antes ca Cristo, quedándose pasmado e aterrorizado contemplando eses lugares das costas galegas onde se fundía e anegaba o sol no mar cando vía apagarse o seu lume entre as augas. Supoñemos que isto mesmo lle pasou aos nosos antecesores para declarar este lugar coma un santario de adoración dos vivos e dos mortos no que se achan sempre as portas abertas para o Máis Alá e a romaría vén a ser a representación no aquén da última romaría no alén, polo tanto peregrinación inescusábel pois se de vivo non viñeches, non che queda outra máis que vir de morto convertido nunha ánima en pena ou nun pequeno becho ao que transmigraron as ánimas, por iso aquí están as portadas abertas do alén e a entrada a ese mundo descoñecido do Máis Alá.

BIBLIOGRAFÍA:
DICCIONARIO DE LA MITOLOGÍA MUNDIAL. Edaf. Madrid 1986.
ESTRABÓN (2015).- Geografía de Iberia. Alianza Editorial.
HERÓDOTO(2008).- Historia (5 Volumenes).Gredos.
MANCIÑEIRA PARDO DE LAMA, Federico (2024).- San Andrés de Teixido. Historia, leyendas y tradiciones. Edición fácsimil de 1921. Arenas, La Coruña.
MENÉNDEZ PELAYO, Marcelino.(2003)- Historia de los heterodoxos españoles. Alicante. Biblioteca virtual Miguel de Cervantes.
MURGUÍA, Manuel.- Historia de Galicia. Copia dixital.
SACO Y ARCE.- Literatura popular de Galicia. 1987. Deputación Provincial de Ourense
MARTIÑO DE BRAGA.- De correctione rusticorum (Javier Correa Corredoira. Espiral Maior. 1997).
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES