Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Promedios

martes, 06 de octubre de 2009
O exemplo básico de estatística dise, en clave de humor, que é: “Se eu como un polo, e ti non, resulta que estatisticamente comemos medio polo cada un”.

Existen estatísticas e promedios para todo tipo de actividades, e unha delas -sangrante- refírese ós promedios dos salarios en España durante o ano 2007, segundo os estudios do Instituto Nacionl de Estadística.

Resulta que o promedio de ingresos por traballador en España foi nese ano de 20.390,35€. Non é moito pero non está mal. O problema aparece cando se desglosan por sexos eses ingresos e resulta que mentras os homes perciben de promedio 22.780,29€, as mulleres cobran 16.943,89€. Ou sexa: Arredor do vintecinco por cento menos ca os homes.

Non é xusto. Pero todos sabemos que esa inxustiza se produce. Porque as mulleres seguen a ser maltratadas, peor tratadas ca os homes no mundo laboral, por herencia histórica, porque de sempre o seu traballo foi menos valorado, e cando se estudian as cifras obtemos as probas.

Agardemos que, xa que son públicas, quen deba tomar nota as teña en conta.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania