Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Romeiros do Santo André de Teixido

Otero Canto, Xosé - viernes, 05 de diciembre de 2025
Eu quero ser romeiro do santo André de Teixido e perderme na tormentosa vida do cabo Ortegal, no "Promontorium Artabrum e Trileucum" de Ptolomeo, escondido nos altos penachos crebados e feridos polo camiño salagre e polo axitado mar para inspirarme desa natureza primitiva que emerxe lembranzas mitolóxicas dos nosos devanceiros, dos deuses onde os xigantes cos seus picachóns andaron ferindo as Os Romeiros do Santo André de Teixido rochas ata romperlles os seus ósos compactos de pedra amalgamada á mesmísima pedra, nun xogo de dureza e severidade onde os xigantes morren e a pedra queda porque a pedra é un deus sólido e permanente que os nosos druídas adoraron.

Sendo romeiro quero vestir esa túnica frouxa, recta e branca engalanada con cenefas de cores, facendo grecas xeométricas en ondas, unhas veces cinguida á miña cintura e outras solta, tal e como a levaban os habitantes das Casitérides, segundo nos conta o mesmísimo Estrabón.

Quero coller unha vara de aveleira, desas abeleiras que tronzaron nos ríos os nosos antepasados que tamén foron ao santo André e das que sacaron variñas delgadas das aveleiras que sucan os ríos empicados en fervenzas da Capelada, a mesma vara coa que Apolo agasalla a Mercurio, e quero atarlle ramas dos teixos de Teixido, desa árbore sacratísima que como os toxos e as xestas dos que todos os galegos somos fillos e das que o mesmísimo santo André toma o seu nome de Teixido, e logo ornala cos caraveis mariños ou "herba de namorare" ou namoradeira, engadireille cintas de cores, a figura do santo e as rosquillas pan. Así irei co meu bordón; a cada paso as cintas bordarán cores e debuxarán figuras que se reteñen cando o bordón toque na terra reverberando porque nada ten que envexarlle aos romeiros de Xacobe por ser moito máis enxebre e verdadeiro, máis pobre e sinxelo, e por todo máis críbel por ser representante da nosa tradición castrexa que é a historia nosa máis acorde coa tradición nada desde a noite dos tempos en que os druídas se manifestaban sen ostentacións, onde tan só a natureza forma parte da tradición que é filla da alegría, dos cantares e das bailadas que logo recolleu o Dionisios romano para rematar sendo un santuario cristián onde o telurismo celta e castrexo reflicte a etnia pura e dura da nosa raza.

BIBLIOGRAFÍA:
MANCIÑEIRA PARDO DE LAMA, Federico (2024).- San Andrés de Teixido. Historia, leyendas y tradiciones. Edición fácsimil de 1921. Arenas, La Coruña.
MARTIÑO DE BRAGA.-De correctione rusticorum (Javier Correa Corredoira. Espiral Maior. 1997)
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES