Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cacharro

Xiz, Xulio - jueves, 06 de noviembre de 2025
Paco Cacharro deixounos fisicamente hai algo más de dez anos. Non é que foramos grandes amigos, pero coido que nos caíamos ben, e que nos achegamos máis cando deixou de estar na política activa e clarificou a sùa contorna persoal.

Este mércores, en Veterinaria, simbólico dia e simbólico lugar, xa que se cumpren corenta e un anos do comezo das clases nesta Facultade lucense, vanse presentar catro publicacións co título xenérico de "Lembrando a Cacharro", para poñer de manifesto o que a sociedade lucense recorda do que foi o primeiro espada das loitas políticas nesta terra de fráxil memoria.

Os castrexos da nosa historia inventaron o Río do Esquecemento para arredar aos invasores romanos das terras de Galicia de máis acó do Limia. Eu quero pensar que nin o Rato nin o Miño teñen a culpa de que os nosos gobernantes deixen de estar presente na actualidade, de estar vixentes na memoria, desde o momento en que deixan o cargo que exerceron.

Parece que con Cacharro é diferente e que os posibles rios do Esquecemento que fan caducar persoas e feitos, perdidos na faramalla da actualidade política e social que nos fai dubidar de case todo, non lle afectan e agora libre das presións da política, das obrigas dos cargos, das miserias humanas, xorde a memoria do home feito a si mesmo, que deixou como legado un Lugo que se fixo a sí mesmo, desde o goberno provincial.

Dixen que non fomos grandes amigos. Algo máis desde que deixou o poder. Pero estas cousas, ás veces, pasan por descoñecemento. Se o coñecera daquela como o coñezo agora, posiblemente poderíamos encaixar ben mellor.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES