O sacrificio ten premio
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 06 de noviembre de 2025
Acaba de pasar o día de tódolos santos.
Celébrase un día festivo a tódolos niveis porque esta data recórdanos un senfín de persoas que pasaron pola vida sendo un exemplo de virtudes.
Levaron unha vida sacrificada, moi sacrificada.
Moitos preferiron entrega-las súas vidas antes que abdicar.
Persoas de tódalas idades, de tódalas clases socias, de tódolos continentes...
¡Qué exemplos tan grandes e tan valiosos!
A VIDA VIRTUOSA ESTÁ Ó ALCANCE DE TODOS
Todos podemos e debemos levar unha vida santa; pero sen esforzo non hai vida virtuosa posible.
-QUE LLO PREGUNTEN A ESA NAI DE FAMILIA:
*Que ten que sacrificarse para levar a bo termo os embarazos.
*Que ten que velar pola crianza dos fillos ó prezo que sexa.
*Que ten que levar a organización da vida familiar, horarios, vestido, calzado, alimentación, coidados dos enfermos...
*Que ademáis ten que multiplicarse para traballar fóra da casa.
¡Cantos sacrificios ten que facer unha nai!
Ten un valor incalculable e insustituible.
O seu premio consiste en ver como medra a familia unida.
-QUE LLO PREGUNTE A ESE PAI DE FAMILIA:
*Que ten que desvelarse para facer horas extras ou a compatibilizar varios traballos para que os ingresos alcancen.
*Que ten que reservar tempo para dedicar á familia: regando diariamente o amor da súa amada esposa e o crecemento dos seus fillos.
*Que ten que colaborar co resto da familia nas tarefas do fogar.
O seu premio é ter unha familia ben atendida coste o que coste.
-QUE LLO PREGUNTEN A ESE ESTUDIANTE:
*Que ten que madrugar cando o seu corpiño lle pide quedarse na cama.
*Que ten que levar os deberes feitos aínda que teña que desvelarse.
*Que ten que esforzarse para asimilar os coñecementos.
*Que se esmera todo canto pode para conservar unha beca, sen a cal non podería continuar estudios.
*Que ten que traballar nas vacacións para axudar a pagar os estudios porque a economía familiar non alcanza.
Un futuro prometedor é o seu premio.
-QUE LLO PREGUNTEN A ESE PILOTO DE AVIÓN:
*Que ten que ir, dun país para outro con cambio de horarios, co que eso supón para o seu descanso.
*Que leva a responsabilidade de moitos viaxeiros.
*Que non pode dedicarlle o tempo que necesita a súa familia.
*Que ten que botar moitas horas, lonxe dos seus.
O premio consite nun acto servicio para os viaxeiros
-QUE LLO PREGUNTEN A ESE MINEIRO:
*Que ve tódolos días a súa vida en perigo baixo terra, escoitando o renxer de toda a carga que ten encima.
*Que enferma de silcose para o resto dos seus días.
*Que, xeralmente, ten que abandoar a vida laboral moi novo.
O seu premio é extraer o mineral para diversos usos.
-QUE LLO PREGUNTEN A ESE SACERDOTE:
Que renuncia a fundar unha familia para ter dedicación plena ós seus fregreses:
-Predicando a Palabra de Deus a tempo e a destempo.
-Administrando os Sacramentos para crear fraternidade e alcanzar a salvación das almas.
-Traballando tódolos días incluidos domingos e festivos e durante toda a vida.
-Renunciando a coller unhas merecidas vacacións para que as parroquias non queden desatendidas.
-Nestes tempos, levando un elevado número de parroquias, debido a escasez de vocacións ó sacerdocio.
O seu premio é amor a Deus e á Igrexa.
-QUE LLO PREGUNTEN A ESE MESTRE OU A ESA MESTRA:
*Que prepara con entusiasmo as súas leccións e, unha boa parte do alumnado, non lle presta atención.
*Que moitos pais queren marcar o ritmo da clase, cando o programa ven marcado por lei.
*Que se dan casos de alumnos violentos que se saltan as normas e incluso agreden ós mestres.
*Que, ante a indisciplina e a indiferencia de certos casos, ve a súas forzas esgotadas.
*Que ten que estar lonxe da súa familia porque alí ten a súa praza.
O premio ó seu esforzo é preparar para un futuro prometedor.
É consciente de ser SAL E LUZ DA TERRA.
Poderíamos seguir con tódalas profesións...
"CÓMPRE MOITO AGRADECEMENTO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora