Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Silencio e impunidade

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 03 de noviembre de 2025
O 3 de novembro de 1979, hai 46 anos, unha pequena cidade de Carolina do Norte converteuse no escenario dunha das traxedias políticas máis violentas do século XX en Estados Unidos. Ese día, nun barrio obreiro de Greensboro, membros do Ku Klux Klan e do Partido Nazi Americano realizaron disparos contra unha manifestación política organizada por activistas de esquerdas. O resultado: cinco mortos e once feridos, todos militantes do Partido Comunista dos Traballadores (CWP).
A protesta, convocada baixo o lena "Morte ó Klan", buscaba denunciar o aumento presencial de grupos racistas no estado e defender os dereitos dos traballadores téxtiles, a maioría deles afroamericanos. Porén, o que tiña que ser un acto de denuncia transformouse nunha emboscada mortal. Silencio e impunidade
As cámaras de televisións locais amosan a caravanas de automóbiles achegándose ó lugar do mitin. Dos vehículos baixaron homes armados con escopetas, pistolas e rifles. En cuestión de segundos, desenvolveuse unha chuvia de balas. Entre as vítimas atopábanse cinco dos máis coñecidos militantes comprometidos coa xustiza social e a loita sindical.
O máis arrepiante chegaría despois, cando, e a pesar das probas fílmicas, ningún dos asasinos acabou condenado en tribunais estatais ou federais. Dous xuízos (un en 1980 e outro en 1984) acabaron con absolucións. Os xurados, na súa maioría brancos (faltaría máis), aceptaron os argumentos de "defensa propia" esgrimidos polos acusados. O fallo desatou indignación en todo o país e reavivou o debate sobre o racismo estrutural dentro do sistema xudicial ianqui.
Os sobreviventes denunciaron durante anos a complicidade das autoridades policiais, sinalando que a policía local fora advertida de posibles ataques, pero mantívose deliberadamente ausente durante o tiroteo. Investigacións posteriores revelaron que informantes do FBI e da policía estatal estaban infiltrados, tanto no CWP como no Klan, o que dá a entender que o Estado coñecía de antemán os riscos do enfrontamento.
Durante décadas, a masacre de Greensboro permaneceu na sombra da historia oficial. Non foi ata principios do 2000 que un grupo de cidadáns impulsou a creación da Comisión da Verdade e Reconciliación de Greensboro, inspirada en procesos similares en Sudáfrica. O seu informe final, publicado en 2006, concluíu que o ataque fora "planeado, evitable e facilitado pola pasividade do Estado". O silencio e a impunidade poden ser tan mortais como as balas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES