Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santos na e pola Igrexa

García Cadiñanos, Fernando - martes, 04 de noviembre de 2025
Santos na e pola Igrexa
Mensaxe do bispo de Mondoñedo-Ferrol con motivo do Día da Igrexa Diocesana 2025

A Igrexa realiza infinidade de actividades e promove centos de iniciativas. Moitas delas coñecémolas polos medios de comunicación e son valoradas pola nosa sociedade. Especialmente no ámbito do social. Pero a súa esencia máis importante é a de xerar vida interior, formar e cultivar a espiritualidade, plenificar a vida de cada persoa, colmala, realizala plenamente, satisfacer a súa sede de infinito e axudarlle a alcanzar o cume da súa vocación: iso é o que chamamos a santidade, que non é a perfección, senón a plenitude no seu propio estado. Unha meta que non podemos alcanzar sós e polas nosas propias forzas senón que é froito da graza, da axuda de Deus: é El o que nos conduce á meta, o que nos abre a horizontes inalcanzables por nós mesmos. E a comunidade cristiá é o instrumento polo que se nos concede esta graza, esta vida nova. Coa Igrexa e a través dela santificámonos.

O Día da Igrexa Diocesana deste ano convídanos a recoñecer este agasallo que se nos dá a través da Igrexa. Ela, pecadora e con tantas imperfeccións, ofrécenos, con todo, os sacramentos, a Palabra, a comunidade e outros medios que nos permiten ter a mesma vida de Deus, nutrir a nosa vida interior e ter moita vida que se expresa en vida de caridade, de alegría, de esperanza, de compromiso... É un día para descubrir e recoñecer esta fonte de santidade, de vida, de felicidade que naceu no seo da Igrexa e que se manifesta en tantos homes e mulleres concretos, como nós, que alcanzaron a santidade. Eles son modelos para tantas persoas, eles fixeron o ben ao seu arredor, eles deixaron un regueiro de esperanza ao seu paso. E sen a Igrexa, sen o seu misterio e a súa esencia, non alcanzarían esa presenza que hoxe agradecemos.

Tamén na nosa diocese houbo moitos homes e mulleres, "santos da porta do lado", que se alimentaron na Igrexa. Convídovos a reler o libro publicado no seu momento que falaba destas "testemuñas da fe na nosa terra". Homes e mulleres sinxelos, coñecidos de tantos de nós. E penso, tamén xunto ao noso san Rosendo, en san Inocencio e os beatos da persecución relixiosa, ou nos que están camiño dos altares que naceron nestas terras: Luis de Trelles, de Viveiro, fundador da Adoración Nocturna, e Ignacio Echevarría, o heroe do monopatín, natural de As Pontes. Todos eles viviron e alimentaron a súa fe na Igrexa. E a través dela chegaron a realizar a súa admirable obra.

Que nós tamén, nesta xornada, descubramos este misterioso e valioso tesouro que nos chega a través da Igrexa.

O voso irmán e amigo,
Santos na e pola Igrexa
+ Fernando, bispo de Mondoñedo-Ferrol
García Cadiñanos, Fernando
García Cadiñanos, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES