Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando o recordo alampea

Santalla, Iago - miércoles, 05 de noviembre de 2025
Nun poema Mario Benedetti vai describindo como a morte coa idade pasa de ser un charco a un océano. Sempre me sentín moi identificado con este poema xa que, a medida que medraba, decatábame de que tiña ausencias das que non vivín a morte como quizais merecían que a vivira. Isto é cousa do desenvolvemento humano co que cómpre non culpabilizarse mais queda a pena de non telos coñecido cando máis frutífera tería sido a relación para ambas partes.

Outras veces produciuse esa relación frutífera e fica para sempre a referencia como unha especie de compás que guía a nosa vida. Agora a ausencia doe máis ao ter que imaxinar as palabras e os feitos que non imos volver ver nin escoitar. Non en tanto, doe a ausencia aínda cando tentamos que camiñen con nós na nosa escala de valores.

Chega novembro e o recordo alampea, entón séntese a necesidade de estar con eles, de demandarlles unha aperta e de sentila no fondo da alma e, incluso, a necesidade de imaxinarnos voando á dimensión do encontro.

Cando o recordo alampea, entre o desespero xorde a esperanza do encontro na aperta da eternidade pero, tamén, a obriga de transmitir o que nos transmitiron para que medre a estirpe.

Cando o recordo alampea, debuxamos vidas que seguen presentes máis alá dos epitafios.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES