Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O túnel da Marisma en Foz

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 11 de diciembre de 2025
Quedoulle o nome de Túnel da Marisma precisamente porque parte da zona chamada a Marisma desembocadura do río Masma que forma a ría de Foz.

Este túnel comezou a construírse en febreiro de 1928, e teño ante min unha curiosa anotación dos días traballados polos obreiros nesa obra, dita anotación foi escrupulosamente feita polo encargado das obras, Celestino Díaz López natural de O Páramo posteriormente casado con María Josefa Fernández (de Burón de Mañente. O sobrenome de Burón, ven porque eran da parroquia de Burón da Fonsagrada).

Estes textos facilitoumos o seu fillo José Díaz (Pepe de Burón) e como digo, comezaron en febreiro de 1928 e remataron en outubro de 1931.

Nestes documentos consta que o túnel foi feito de formigón e o contratista das obras foi Benito Malvar Corbal representado na provincia de Lugo por Esencio Blanco Álvarez, sendo o enxeñeiro da obra Ángel Zubizarreta, e di: Construcción del Ferrocarril Ferrol - Gijón, Trozo 1.º (Sección Foz - Ribadeo).

Noutro documento á parte, encontrámonos cun texto que nos abala con relación a eses algo máis de tres anos da construción do túnel, no que por certo traballaron 26 homes.

Copiamos literalmente unha parte do texto:

"Esencio Blanco Álvarez, representante en la provincia de Lugo del Contratista D. Benito Malvar Corbar,
que lo es, del Ferrocarril del Ferrol del Caudillo a Gijón en su primer Trozo de la sección de Foz a Ribadeo.

CERTIFICO:
Que D. Celestino Díaz López ha desempeñado en esta Entidad, nº. patronal 27/1.104,
el cargo de Capataz, durante un período de cerca de tres años.

Durante el mismo efectuó trabajos de índole diversa, desde el movimiento de tierras a obras de fábrica. Abriendo trincheras y ataque de las mismas organizando la maniobra y encuadrando el personal, con tendencia al máximo aprovechamiento; preparación, encofrado y fabricación de muros de contención de características diversas, tajeas de distintos modelos y túneles como los de La Sara y Mañente, etc...".

O ferrocarril Ferrol - Xixón inaugurouse oficialmente o día 21 de xuño de 1967.

NOTA: O motivo polo cal aparece neste texto literal o topónimo de "Ferrol del Caudillo", é por que ese texto trata dunha solicitude realizada por Celestino Díaz a esta empresa, con data de 22 de xuño de 1947, despois da guerra civil.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES