Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Centro de Saúde de Foz (SER sen GAS)

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 27 de noviembre de 2025
Os habitantes de Foz e os de miles de turistas que nos visitan cada ano, debemos aplaudir e felicitar ao SERGAS (Servizo Galego de Saúde), polo ben que nos trata e o ben organizados que nos ten en Foz.
Explícome: eu teño tres medicacións indefinidas. Cando vou á farmacia, as farmacéuticas dinme o día que se me vai acabar e que teño que pedir que ma activen de novo.
Cando se me vai acabar, na mesma farmacia e coa tarxeta sanitaria, as farmacéuticas pídenme vez telefónica para pedirlle á doutora que ma active e así sucesivamente.
Pero resulta, que fai catro de días fun buscar a correspondente medicación e non estaba activada nin me avisaron de que a quenda xa rematara, polo que, como só me quedaba unha pastilla, optei por pagala do meu peto.
Pídolle á farmacéutica, que por favor me pedira cita por internet (eu non sei facelo), e nos encontramos coa sorpresa, que ante o número de habitantes e turistas e falta de médicos en Foz, non podo solicitar cita por internet, teño que ir persoalmente ao centro de saúde.
Non puiden ir ao Centro de Saúde ata hoxe pola mañá e unha vez chegado ao mostrador fun atendido moi amablemente, pero amigos, temos que felicitar ao SERGAS, porque me deron vez telefónica para dentro de VINTE días, ou sexa, que o día 27 de agosto, se o SER non se queda sen GAS, serei atendido.
Pregúntome: como a Xunta de Galicia en mans do Partido Popular se chufa tanto da súa xestión, sendo que, agora mesmo Foz está en plena época turística e no noso Centro de Saúde temos tan só TRES médicos para 10.605 habitantes e unha poboación de turistas que sobre pasamos en total dos 30.000 habitantes?. Si, hoxe no Centro de Saúde de Foz preguntei cantos médicos hai e me dixeron TRES.
Pero iso non é todo, resulta que, a Seguridade Social hai que pagala si ou si e non se trata de un "regalo" o seu custe, pero señores do Partido Popular, se nós estamos obrigados a pagar a Seguridade Social, vostedes están obrigados a darnos servizo e atendernos como corresponde.
Saben vostedes cantos pacientes se atenden en Foz dos desprazados?. Eu non o sei, pero si sei que son moitos e o SERGAS tamén.
Claro, así van facendo análise de como privatizar a sanidade, pois ao non che dar servizo, ou compras a medicación ou morres.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES