
O día de Todos os Santos (1 de novembro) e a conmemoración dos Fieis Defuntos (2 de novembro) dan comezo a novembro, un mes tradicionalmente dedicado á lembranza e a oración polos nosos seres queridos. É unha tradición moi arraigada na nosa cultura coa visita aos cemiterios e a oración por todos os defuntos.
Con este motivo, nas parroquias e UPA da nosa diocese organizaranse diferentes celebracións que oportunamente comunicarán á freguesía.
Eucaristías no cemiterio municipal de Ferrol
No caso da cidade de Ferrol, no cemiterio municipal de Catabois, celebrarase unha eucaristía vespertina en ambas xornadas. Esta cerimonia relixiosa, dedicada ao recordo e a oración polos seres queridos falecidos, terá lugar ás 17:00 horas, tanto o sábado 1 de novembro como o domingo 2 de novembro. A eucaristía do domingo estará presidida polo bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos.
Desde a nosa diocese convídase a todas aquelas persoas que o desexen a participar nestas eucaristías.
Portada: S. Thorat